O Concello de Pontecesures convoca unha praza de auxiliar administrativo

Publicado por socialistas de pontecesures en

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de data xoves 18 de marzo de 2010 anuncia a convocatoria das probas para prover unha praza de auxiliar de administración xeral.


17 comentarios

arredemo · 22-03-2010 a las 15:31

Está ben sabelo, que nunca se sabe, e ademais sabelo con antelación para preparar a documentación e o temario.

DON PEPITO · 22-03-2010 a las 17:51

Raro, raro, que esta noticia a colge aquí antes o Psoe que Sr Sabaris.

piris · 22-03-2010 a las 18:01

A mín tamén me sorprendeu, pero logo dinme conta de que o Sr. sabaríz esta

piris · 22-03-2010 a las 18:07

A mín tamén me sorpendeu, pero logo dinme conta de que o Sr. sabaríz estaba ocupado en decir na prensa que as lampreas da festa viñan de fora na época de Angueira como alcalde. O ético sería decilo daquela e non agora. ¿Ou é que daquela non conviña decilo porque formaba goberno co BNG? .

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-03-2010 a las 18:33

En canto á convocatoria da praza de auxiliar administrativo obviamente sabía o das bases porque aprobáronse en Xunta de Goberno Local e tamén sabía que se enviaran ao BOP para a súa inserción. Pero non me decatei da súa publicación o 18 de marzo. ? inxusto que se me esixa tanto. Trato de examinar medios de comunicación, e informarme de novas de Pontecesures. Pero ollo; non vou ter a carga de estar pendente de todo. O BOP, realmente, non se me ocorreu consultalo o día 18, e no concello tampouco me enterei por ninguén.
Agora ben; «DON PEPITO», que insinues o de «raro, raro» coma se tivera intereses ocultos, non sei a que ben. Sabes que defendo a claridade e a transparencia por enriba de todo e que o normal de calquera opositor/a e consultar os periódicos oficiais.
Tamén ti, «piris», coñeces perfectamente que Luis Sabariz nunca fixo xestión algunha para mercar lampreas, nin directamente nin con intermediario.

marissa · 22-03-2010 a las 22:23

Xa estamos cos intereses ocultos, etc. Pero seguro que ninguén se leu o temario (Constitución, Lei 30/92, LOFAGE, Lei de Réxime Local, informática, …).
Deixádevos de tanto criticar e a estudiar, que é unha oposición; aquí non serve ter traballado no Concello nin na época de Angueira, nin en ningunha outra, nin ser ninguén da familia de ninguén, …
Cando veña calquera opositor doutro Concello e leve a praza despois queixarémonos (co ven que lle viría a calquera veciño do pobo parado e así habería un menos nas estadísticas do INEM). Pois recordar que hai que ser españor maior de 16 anos segundo o EBEP, non cesureño.

arredemo · 1-04-2010 a las 22:51

O importante é que a praza a gañe quen a prepare e estudie para ela, sexa de onde sexa. E tamén é importante que todos os que opten a ela o fagan en pé de igualdade. Alguén comentou eiquí que non fora anunciada esta convocatoria polo Sr . Sabariz: non me extraña. Podo asegurar que esta praza foi convocada para ser cuberta por unha persoa afín ao PP, e non interesaba que moita xente tivera coñecemento dela.

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-04-2010 a las 01:48

Na convocatoria desta praza estase a cumprir toda a normativa legal como non podería ser doutro xeito (publicacións no taboleiro de anuncios, no BOP, no DOG e no BOE). ¿Paréceche pouco, ??arredemo??. Estou seguro que se van presentar máis de 50 aspirantes. Acusarme a min de obscurantismo non é xusto, cando coñeces que sempre informo de todo o relativo á selección de traballadores.
Queres sementar dúbidas anunciando que vai ser elixida unha persoa afín ao PP. O importante é desacreditar e sabes dabondo que o tribunal está composto por funcionarios. Nestes tres anos de goberno penso que se elixiron as persoas para traballar no concello con criterios claros e non se marxinou a ninguén e os políticos estivemos fóra dos procesos selectivos. Tiña ese cumpromiso e estoi satisfeito de habelo cumprido. Que veñas ti agora para facer esa frase feita tipo » selección na deputación de ourense» , ten moi mala intención. Queres confundir, queres introducir sospeitas contra o proceso porque estás especialmente interesado en erosionar ao goberno. Convídoche a que veñas á Casa do Concello, consultes o expediente, e veñas a comprobar o que queiras en relación co proceso selectivo. Por certo, sea o elixido/a afín ao PP ao PSOE, ao BNG , a outro partido ou a ningúen, ogallá sexas unha persoa con moita preparación e capacidade de traballo. Iso sería moi bo para os intereses do concello.

arredemo · 2-04-2010 a las 19:19

Non se trata de sementar dúbidas, é dicir a verdade. Creo que esta convocatoria ten tanta importancia como as actuacións das orquestras (é unha opinión). Estamos a falar de que según que cousas sexan, non interesa airealas moito; trátase de convocar unha praza con características determinadas para una persoa concreta. Todo feito coa máxima pulcritude para darlle unha pátina legal. «Hecha la ley, hecha la trampa»: un refrán moi apropiado neste caso´. Os que coñecen ben a Lei, son os que mellor saben incumplila.

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-04-2010 a las 00:24

Xa expliquei , «arredemo», que non me decatei, ata uns días despois, que no BOP do 18 der marzo saíran as bases en cuestión. Ninguén me comentou nada no concello, e non estaba atento a dita publicación. Dicir por iso, que quería ocultar a convocatoria e que todo está manipulado é unha acusación moi maliciosa. Cuestionar a oportunidade das entradas que publico tamén é moi inxusto. Eu trato de poñer de todo, de atopar novas, de facilitar información, etc…e algunhas persoas (que seguen a páxina todos os días, sen dúbida) adícanse a criticar se introduzo isto ou aquilo, se esquezo cousas, se teño determinados intereses para poñer unha cousa ou outra. O que naceu como unha colaboración, curiosamente algúns queren transformalo nunha obriga, e además con esixencias.
Xa entrando no fondo, «arredemo», podo asegurarche que ningún político deste concello participou na elaboración das bases desta oposición (exames iguais para todos, sen fase previa de concurso con puntos por experiencia previa, ou outros méritos, como ocorre na maioría dos procesos selectivos nas administracións públicas). Tamén os políticos imos ser alleos ao procedemento de selección.
Primeiro diseches que a persoa a seleccionar é una afín ao PP. Agora que xa se coñece o nome. ? a frase de sempre: «Tu larga que algo queda». Reitéroche o convite; ven ver o expediente á Casa do Concello, ven cando sexan as probas para enterarte dos exercicios concretos e consulta os datos que che interesen nas oficinas. Deixa de lanzar acusacións, non me veñas con frases feitas para tratar de extender irregularidades na selección de persoal a este concello. O que sucedeu na Deputación de Ourense, no Porto e no Concello de Vigo, ou nunhas recentes probas do SERGAS, sucedeu nesas administracións non neste concello co actual goberno. Sabemos que a selección de persoal sempre é tema apetitoso para facer política. Que doado é «largar» cando hai tantas persoas esperando conquerir un posto de traballo.

manolo o do bombo · 3-04-2010 a las 11:37

SABARIZ o de sempre bla…bla….bla o que fai a lei fai a trampa…………

farto · 3-04-2010 a las 16:56

Manolo tienes razon… cuando hablas de tramposos. Contesta a estas preguntas, o calla como una puta, porque no se si serás uno del bloque. ¿que transparencia habia con angueira? ¿que oposiciones libres quitaron el tacon y el xurxo? Mira, AHORA SE ESTAN EMPEZANDO A HACER BIEN LAS COSAS, y es merito de este gobierno, no como antes.
Que sabariz pusiera o no la noticia aqui es lo de menos, esta donde tiene que estar, en el diario oficial. Asi que el que quiera la plaza que estudie…
Y amigos del bng, sois los MENOS INDICADOS para criticar nada. Con vosotros era mucho peor, bueno era más claro (que no transparente), si no eras votante del «clan» no habia curro. Asi que a callar.

Cara de cona · 3-04-2010 a las 17:29

Carallo con este farto…..categorico….vanlle saindo granos no cu o bloque…..mirade, mirade….como recorda como entraron o tacón e o do gasoil….o xurxo de gañote….,nin probas nin ostias …e agora en agradecemento non rasca bola e estuvo casi un ano de baixa ….o tacón certou non fito histórico 24 de 25 preguntas….e con margarita a juliana no tribunal…jo…jo…jo…que listo nos saiu o home este….catedratico….que tropa deixaron…..

manolo o do bombo · 3-04-2010 a las 18:35

Non teño que darche esplicacións farto ,xa teño curro,e xa estudiei nos meos tempos ,tampouco me interesan nin uns nin outros,e opino o que me da a gana ,haber si vai haber censura oque faltaba,tamen deberias ser mais educado.

Tiroliro II · 5-04-2010 a las 17:51

No do personal non hai color, o que fixo o bloque en cesures cando gobernou foi de escandalo, e logo os pagos de horas extras a tutiplen a xurxo gerpe e a outros afíns tamén, o cubrirlle a gasofa do monitor do naútico que pagamos todos, o gasoil por aí a outros coches, e o que non sabremos

marissa · 6-04-2010 a las 14:15

Non tedes p… idea. Repito: ESTO ? UNHA OPOSICI?N, señores. Collerá a praza a persoa que máis coñecementos teña do temario. Intúo que ninguén o leu no Boletín, senón estariades calados.
Xurxo e o Tacón entraron por lumbreras e estudios. Ademáis un (tacón) ata tiña coñecementos de como repostar gasoil, recordemos que traballaba na Picaraña; xa apuntaban maneiras.
Afortunadamente se o proceso segue o seu curso, e dependendo do nivel dos opositores, teremos un auxiliar competente, e a quen lle pique, que estudie.

terroeira · 9-04-2010 a las 18:47

Manolo, manolo, eres toda unha contradiccion. Farto dache caña porque tis das caña, e agora dis que «non che interesan uns nin os outros». Aclarate manolo, que ter moitos estudios non quere dicir que teñas moitas luces. E mira, fanche unhas preguntas claras e interesantes, pois antes gobernaban os que hoxe son oposicion, e e interesante saber que opinas de coma levaban as contratacions os de luis alvarez e bng. Ademais, tampouco desmintes que eres un deles. Foiche ben clariño este farto. Ben farto, ben.
hoxe saiu a praza no BOE, asi que 20 dias para anotarse e algo mais para estudar.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.