O Náutico de Pontecesures, 3º na Copa Galega de Promoción. Destacou Manuel Álvarez Constantino.
A Copa Galega de Promoción arrincou o pasado sábado no Río Lérez co As Torres-Romaría Vikinga impoñéndose na clasificación por equipos. O club catoirense sumou 3.580 puntos nas dez probas da regata inaugural, polos 3.204 do Náutico Firrete. O Náutico Pontecesures rematou terceiro no podio con 2.497, con 3 puntos de vantaxe sobre o Piragüismo Verducido-Pontillón, cuarto.
O piragüismo arousán contou con outros dous equipos entre os dez mellores. O Breogán rematou sexto con 1.857 puntos. Iso si, xa lonxe do quinto, o Kayak Tudense, con 2.354. E o Piragüismo Illa foi décimo, con 1.242.
Tamén estiveron no río Lérez o Náutico O Muíño, decimocuarto con 753 puntos, o Piragüismo Cambados, decimosétimo con 608, e o Liceo Casino de Vilagarcía, vixésimo con 407.
A nivel individual, os palistas arousáns coparon seis das 30 medallas en xogo. Catro delas, con selo vikingo, cos triunfos de Pedro Galbán Lesende en Infantil B C-1 Destro e de Isabel Piñeiro García en Dama Infantil A K-1. Nesta última proba, na final máis igualada das dez do programa, coa súa compañeira Ángela Baulde prata a 3,99 segundos. Ademais, Jacobo Gómez Loureiro deulle ao As Torres o segundo posto en Infantil A K-1.
Os outros dous podios arousáns na primeira proba da Copa Galega de Promoción foron os acadados por Borja Bejo de la Fuente, do Muíño, vencedor na proba Infantil B K-1, e Andrés Manuel Álvarez Constantino, do Pontecesures, terceiro en Infantil B C-1 Zurdos.
LA VOZ DE GALICIA, 30/03/10
0 comentarios