Rouban material do grupo cesureño “El Show de los Payasos”.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Na noite do luns ao martes, ou do martes ao mércores, entraron a roubar no baixo da rúa Patifas 11 de Pontecesures que está agora desocupado e onde houbo un establecemento de alimentación. Forzaron a verxa e a porta traseira dende un camiño.
No baixo estaba almacenado material do grupo cesureño, e os ladróns levaron, micros, caixas de amplificación, a mesa de mezclas e outros elementos que utilizan nas actuacións. O valor do substraído ascende a uns 7.000 euros. Tamén levaron unha televisión do propietario do local.
Estanse a facer investigacións por parte da Garda Civil e solicítase que se alguén ten algunha pista, ben dos feitos ou ben do material roubado, o comunique as forzas da orde.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.