?xito das festas de Pascua.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A pesares de que nalgun momento a choiva interrumpiu parte do programa non impediu que en conxunto as festas da Pascua padronesa acadasen o éxito que ano tras ano ofrecen a padroneses e ós milleiros de visitantes, que non forasteiros, que acuden a disfrutar das mesmas.

«Padrón ejerce de capital de Galicia»; «¿Como estaba Padrón?: Abarrotao», e así outros cualificativos que varios periodicos galegos adicaron a vila de Rosalía en pleno esplendor das suas festas pascueiras. Bastarían esos titulares para confirmar unha vez máis o valor e importancia destes tradicionais festexos da capital do Sar nos que os festivais taurinos e a feira de cabalos seguen a espertar a máxima atracción dende os mais remotos tempos.

E Padrón dixo sí aos touros. Alá Cataluña coa sua teima. Padrón, coma tamén Noia, A Coruña ou Pontevedra continuan sumándose en Galicia a moitas outras capitales e cidades do país na festa brava .

Por outra banda os días adicados a Compostela e a vila de Castelao, sen máis novidades, ao contrario diriase que «máis do mesmo» xa que ano tras ano os parlamentos dos respectivos representantes municipais se repiten como diria un amigo meu, como as «xoubiñas de Rianxo», pero con menos «sabor», o que nos leva a que tamén cada ano nos acordemos daqueles martes de Pascua de honra a Rosalía coa intervencion de oradores coma o Marqués de Figueroa, Otero Pedrayo e outros ilustres galegos, e a presenza asemade da Raiña das Festas e os pequenos escolares recitando as fermosas e sentidas poesias rosalianas ante a estatua no paseo do Espolón.

De calquera maneira un final polo que cabe felicitar ao tenente alcalde, edil de Cultura, Eloy Rodríguez Carbia, e parabéns á tamén concelleira encargada da comisión de festexos, Concha Carneiro Vicente, pola sua entusiasta labor, coma asemade á Irmandade de Fillos e Amigos de Padrón polo remate cos emotivos actos do aínda recente domingo da Pascuiña.

José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 13/04/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.