Ordenada a retirada do cartel publicitario do miradoiro do Pino Manso.
Hai uns días una empresa de hostelería solicitou permiso para anunciar o hotel que ten en Pontecesures no percorrido do Camiño Portugués. Sorprendentemente colocou un dos rótulos no miradoiro de Pino Manso. Dende o concello chamamos o xoves e o venres pasado ao propietario para que retirase o cartel inmediatamente de dese lugar pois tiña un efecto estético moi desagradable e impedía a visión e disfrute en parte do miradoiro. Constestou que ía facello a través da empresa que lle había encargado a colocación.
Como ata o de agora, non se procedeu á retirada, o concello ordenou a retirada inmediata na tarde de hoxe, 13 de abril. O cartel vaise levar para as instalación desta empresa en Campaña e serán sufragadas pola mesma os gastos ocasionados.
0 comentarios