Jacobo Fernández imparte un taller de cómic en la biblioteca de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Hoxe mércores, 28 de abril, ás 17:00 horas e dentro deste programa cofinanciado pola Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Pontecesures, terá lugar na Biblioteca Municipal de Pontecesures un obradoiro de banda deseñada, dirixido por Jacobo Fernández Serrano, e destinado aos alumnos de 3º e 4º da ESO do CPI Pontecesures.

Neste obradoiro repasaranse algúns dos elementos da linguaxe do cómic e a posta en marcha destes elementos debuxando unha páxina.

O Concello de Pontecesures quere potenciar esta serie de actos educativos na biblioteca municipal da rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.