Os que colaboren coas festas do Carme de Cesures poden gañar unha fin de semana no Hotel Carlos I de Sanxenxo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O luns, 26 de abril, tivo lugar na Casa do Concello de Pontecesures unha xuntanza presidida pola alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, e na que estivo tamén o concelleiro de relacións institucionais, Luis Sabariz, con un grupo de veciños que van colaborar na recadación de donativos para as Festas do Carme 2010.

Máis de 20 persoas asistiron á reunión e formáronse 4 equipos de traballo para comezar a pedir donativos polas casas a partir do luns, 3 de maio.

Como novidade para este ano, é co fin de incentivar a recadación, entregarase unha rifa ás persoas que colaboren económicamente coas celebracións. O luns, 5 de xullo, ao rematar a xa tradicional Festa do Churro, terá lugar o sorteo entre as rifas. O titular do número agraciado será agasallado para aloxarse do 3 ao 5 de setembro ao Hotel Carlos I de Sanxenxo (dúas persoas) e disfrutar dunha escapada relax esa fin de semana.
Tamén recibirán a rifa, as persoas que ingresen o donativo na conta aberta para tal fin en Caixanova Pontecesures.

Analizáronse tamén aspectos organizativos das festas que terán lugar os días 2, 3, 4 e 5 de xullo de 2010.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.