Os nenos da escola de Herbón achéganse as enerxías limpas da man do proxecto Voz Natura.
Por cuarto ano consecutivo, a escola de Herbón, no concello de Padrón, participou no programa Voz Natura e fíxoo cun proxecto sobre enerxías renovables: a eólica e a solar. Sen perder de vista o acondicionamento do espazo natural no que converteron o patio da escola, cunha horta, un estanque e xardíns, os nenos de Infantil de Herbón investigaron sobre cómo aproveitar a forza do vento e do sol para producir electricidade sen contaminar. Ademais, co obxectivo de sensibilizar sobre o gran valor do medo e concienciar da necesidade de respectalo, tamén reflexionaron sobre a importancia de adquirir hábitos de consumo responsable na escola e no entorno, dende electricidade, auga ou papel. E logo de observar os grandes muíños eólicos que dominan os montes da redonda, o pai dun alumnos construíu manualmente con un dínamo da bicicleta e un ventilador de coche un prototipo de miniaeroxenerador autónomo. E para comprobar a forza do vento, os nenos construíron muíños de cartolina.
LA VOZ DE GALICIA, 26/05/10
0 comentarios