O poeta Bernardino Graña, que foi profesor nos oitenta no Instituto de Padrón, ingresa na Real Academia Galega.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A Real Academia Galega celebrou onte o acto oficial de recepción do escritor Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) como novo académico numerario. A cerimonia solemne desenvolveuse no Auditorio Municipal da súa localidade.

Bernardino foi profesor de Língua e Literatura Española no Instituto de Padrón, onde é lembrado con agarimo por todos.


2 comentarios

sobreiras · 14-06-2010 ás 16:57

Noraboa profesor, telo ben merecido.

souto · 10-08-2010 ás 20:21

Nin ben nin mal, só teño un recordo deste home.
Acordome dun estudante, que en 3º de BUP, tivo a desgracia de encontrarse con este profesor. Dou fe que era moi bo en literatura (anos mais tarde foi o que se adicou) i este excelso escritor non fixo mais que amargarlle a vida suspendendoo en xuño e setembro.
Foi o se único suspenso en toda a súa vida de estudante e non por elo tivo que renunciar a tódolos seus soños (por mor dunha precaria situación económica).
Para mín bo escritor, mal profesor e peor persoa.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.