Destrozan os taboleiros das canastras do peirao na noite de San Xoán.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Ámbalas dúas canastras, arranxadas hai pouco, foron empurradas ata tiralas sobre o chan. Tamén foi volteado o xogo para táboas de patín nesta instalación.

O Concello xa encargou a reparación das canastras e da rampla de patinaxe, e vaise presentar a correspondente denuncia no Cuartel da Garda Civil de Valga.

Resulta realmente triste que haxa bárbaros que se divirten con este tipo de feitos. Prexudican ás persoas que utilizan as canastras, e agora cos cartos de todos hai que afrontar os gastos do arranxo.

Dende logo é difícil chegar a comprender por que se causan estes danos. Lamentable.

Categorías: Concello

4 comentarios

estudiante · 24-06-2010 ás 17:16

o joberno municipal, en previsión de que esto, ou cousas parecidas, podía pasar, puxo vixilancia nocturna?
Nunha noite como esta os tres municipais deben patrullar o pobo, que non é tan jrande, en tareas de prevención e vixilancia. ? máis importante esto que poñer unha ou outra multa polas mañáns.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-06-2010 ás 19:46

Pois si “estudiante”, houbo un operativo da policía e de protección civil como nos últimos anos. ? difícil controlar todo. O sorprendente é que en lugar de condenar un feito tan lamentable, ataques ao concello. Eu particularmente estou indignado por estas actitudes (por certo o autor ou autores teñen que ser da comarca, obviamente). Como concelleiro, como veciño e como amante do baloncesto resúltame repugnate que alguén poida facer un dano así. Algo falla na sociedade.

loko · 25-06-2012 ás 13:42

pois amin nn me parece mal que os romperan….canto tempo leva a pista sin a rede arredor??????’cando foi da feira de fegaclasic kitaron toda a rede pero ninguen a volveu colocar……polo cal se eu quero ir ali xogar o futbol ,que tenho que ir buscar os balons o rio???ou tenho que ir a outros concelos a xogar o futbol????donde van a porterias??? ala…aber si desde o concello falades con portos ou quen sea o responsable e ponhedes eso en condicions…..

Princo · 26-06-2012 ás 00:45

“loko” chegas 2 anos tarde..

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.