Convocatoria pública para a elección do Xuíz de Paz de Pontecesures

Publicado por socialistas de pontecesures en

En cumprimento do disposto no artigo 101 e concordantes da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo do Poder Xudicial, anúnciase convocatoria pública para a provisión do cargo de Xuíz de Paz titular deste municipio, de acordo coas seguintes bases:
1º. Obxecto: Elixir o Xuíz de Paz titular do Concello de Pontecesures por un período de catro anos.
2º. Requisitos dos aspirantes: Para poder participar na elección requírese ser español, maior de idade e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade sinaladas nos artigos 303 e 389 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
3º. Prazo de solicitudes: 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.
4º. Documentación: Coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:
? Certificado de nacemento ou fotocopia autenticada do D.N.I.
? Certificado expedido polo Rexistro Central de Penados e declaración complementaria a que fai referencia o artigo 2 punto 1 da Lei 68/80 referente a ??si se encontra inculpado ou procesado?.
? Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.
Pontecesures, 23 de xuño de 2010.

Categorías: Sin Categoria

2 comentarios

DON PEPITO · 15-07-2010 a las 15:34

Vaia outro puesto a dedo que lle chafa os socialitas o tripartito.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-07-2010 a las 20:37

Pero imos ver «DON PEPITO». ¿A que ven facer acusacións sobre a designación a dedo do posto de xuiz de paz?. Estase a seguir o precedemento previsto no Lei Orgánica do Poder Xudicial para estes xulgados como o de Pontecesures, e a proposta, segundo o texto legal, faina o Pleno do Concello mentres o nomeamento correspóndelle ao TSXG.
Non confundas, non trates de «envenenar», todo é moito máis sinxelo. Ata o de agora, eu polo menos, non coñezo nin as persoas que se presentan.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.