Convocatoria pública para a elección do Xuíz de Paz de Pontecesures
En cumprimento do disposto no artigo 101 e concordantes da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo do Poder Xudicial, anúnciase convocatoria pública para a provisión do cargo de Xuíz de Paz titular deste municipio, de acordo coas seguintes bases:
1º. Obxecto: Elixir o Xuíz de Paz titular do Concello de Pontecesures por un período de catro anos.
2º. Requisitos dos aspirantes: Para poder participar na elección requírese ser español, maior de idade e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade sinaladas nos artigos 303 e 389 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.
3º. Prazo de solicitudes: 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.
4º. Documentación: Coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:
â?¢ Certificado de nacemento ou fotocopia autenticada do D.N.I.
â?¢ Certificado expedido polo Rexistro Central de Penados e declaración complementaria a que fai referencia o artigo 2 punto 1 da Lei 68/80 referente a â??si se encontra inculpado ou procesadoâ?�.
â?¢ Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.
Pontecesures, 23 de xuño de 2010.
2 comentarios
Vaia outro puesto a dedo que lle chafa os socialitas o tripartito.
Pero imos ver “DON PEPITO”. ¿A que ven facer acusacións sobre a designación a dedo do posto de xuiz de paz?. Estase a seguir o precedemento previsto no Lei Orgánica do Poder Xudicial para estes xulgados como o de Pontecesures, e a proposta, segundo o texto legal, faina o Pleno do Concello mentres o nomeamento correspóndelle ao TSXG.
Non confundas, non trates de “envenenar”, todo é moito máis sinxelo. Ata o de agora, eu polo menos, non coñezo nin as persoas que se presentan.