Un tren sairá de A Matanza para lembrar o traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Asociación de Escritores en Lingua Galega celebra mañá un acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado en 1891 do restos mortais de Rosalía de Castro dende Padrón a Santiago, así como para que se garanta o acceso público ao Panteón dos Galegos Ilustres. O acto conta co apoio e colaboración de máis de 200 entidades e colectivos, entre asociacións e fundación de todo o país. Asimesmo, coincide co 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, que se conmemora mañá na Casa-Museo de A Matanza.
Dende este punto partirá pola tarde un tren, identificado como Follas Novas, para facer o traxecto Padrón-Santiago, aínda que unha hora antes haberá unha concentración no cemiterio de Adina, en Iria-Flavia no que falará o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez.

LA VOZ DE GALICIA, 14/07/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.