A Casa de Rosalía de Castro en Padrón séntese desasistida.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os escolares tamén homenaxearon a poesía de Roalía de Castro no aniversario do seu pasamento.

Así se dixo no acto conmemorativo do 125 aniversario do pasamento da poetisa

«Necesitamos a Rosalía viva». Con estas palabras, a presidenta da Fundación rosaliana, Helena Villar Janeiro, comezou onte en Padrón o acto conmemorativo do 125 aniversario do pasamento da poetisa, ao que asistiron autoridades literarias, académicas e políticas de Galicia, estas últimas encabezadas polo conselleiro de Educación Jesús Vázquez. A cita, celebrada na horta da Casa-Museo de A Matanza, non faltaron tampouco «amigos e amigas de Rosalía», como os calificou Helena Villar.
Entre eles, os alumnos dos centros educativos da provincia de Lugo que participaron na elaboración dunha unidade didáctica que logrou o VI Premio Rosalía de Castro para Experiencias Pedagóxicas, baixo o título de Follas Novas, Novas Follas. Os gañadores entregaron o importe do premio a propia Fundación rosaliana, algo que emocionou a presidenta da entidade.
No seu discurso, Helena Villar lembrou que a Casa-Museo de A Matanza é un «espazo consolidado», un referente do mundo rosaliano pero que tamén «precisa dun mecenado para o seu funcionamento». Pola súa banda, o profesor Xesús Alonso Montero, director do Centro de Estudios Rosalianos, tamén aproveitou o acto para lembrar que a casa de A Matanza está «desasistida» a nivel económico, tanto que «ás veces non ten o diñeiro preciso para pagar aos empregados que viven diso», en alusión a nómina que lles repercute o seu posto de traballo. Está «desasistida», dixo Alonso Montero, pese a que o nome, os versos e os poemas da poetisa do Sar están todos os días na boca e nos discursos dos políticos.
Ao igual que sinalara Helena Villar, o profesor recalcou que, 125 anos despois do falecemento de Rosalía de Castro, a súa obra e figura está «tan vixente», como a de poucos outros autores.
O acto rematou coa presentación do libro Poetas con Rosalía V, a cargo do profesor Anxo Angueira e cun recital poético por parte de algúns autores participantes na publicación.

LA VOZ DE GALICIA, 16/07/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.