O presidente da Xunta recibe á peregrinación do Camiño Portugués.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A útima etapa desta peregrinación oficial que comezou en maio en Oporto, chegou onte a Santiago. Ían na comitiva varios alcaldes (Padrón, Pontecesures, Caldas….), concelleiros e veciños dos municipios onde pasa a ruta. No límite do Milladoiro con Santiago estivo tamén o alcalde da capital de Galicia, Sánchez Bugallo.
Os peregrinos foron recibidos polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, que quedou a xantar cos camiñantes.
Ás 18 horas tivo lugar na Catedral a Misa do Peregrino.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.