O día 17 de agosto “Titeres Viravolta” estará en Porto.
Hoxe día 17 de agosto e dentro do “Programa Camños da Cultura” financiado pola Consellería de Cultura e o Concello de Pontecesures, a compañía “Viravolta Títeres”, representará ás 21 horas a obra ” O horroroso crime de xan miñoca” , o importe desta actuación é de 1.416 ?, afrontando a Consellería de Cultura o 60 % e o Concello o 40 %.
Con este acto queda pechado este programa en Pontecesures, logo da celebración en Carreiras e no Centro Social de Pontecesures de dous actos os días 18 de xullo e 13 de agosto (Títeres Cachirulo e o Mago Cayetano Lledó).
O importe total dos tres actos foi de 3.116 ?, correspondendolle o 60 % á Xunta e o 40 % ó Concello.
O Goberno Local fai un chamamento ós veciños para que asistan a este último acto do Programa Cultural desenvolvido.
0 comentarios