Datos sobre a campaña de verán na piscina municipal de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A instalación abriu nos primeiros días de xullo, e ata o día de hoxe, 31 de agosto, despacháronse 1.732 tickets de adultos (a 1,20 euros) e 1.619 de neno (a 0,45 euros) sendo moitos máis os usuarios neste verán que noutros anteriores.

Porén; hai que salientar que o custo da empresa encargada do servizo é de 5.086,80 euros mensuais. Como a piscina vai a estar aberta ata o 2 de setembro na que se cumpren dous meses, os custos ascenden a 10.173,60 euros, mentres que os ingresos son, faltando os dous días, de 2.806,95 euros.

Hai que salientar que os prezos son mois baixos (foron fixados hai máis de 12 anos e non se lle tocou dende aquela) para potenciar o desfrute da instalación.

Resultou decepcionante que só dous nenos asistiran con regularidade ao curso de natación de calidade ofertado polo concello de luns a venres en horario de mañá.

A tempada desenvolveuse sen incidencias salientables e estase a estudar que permaneza a piscina uns días máis se continúan estas temperaturas tan elevadas.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.