Resposta á nota dos socialistas cesureños sobre a piscina e o campo de fútbol.
En relación coa nota enviada aos medios de comunicación sobre o funcionamento da piscina municipal e a necesidade da obra de pavimentación nun lateral do campo de fútbol «Ramón Diéguez», respóstase o seguinte:
1. Xa se infomou onte sobre o número de usuarios e do custo do funcionamento da piscina, durante estes dous meses. Continuar máis tempo, supón un gasto importante nestes intres de crise. Estase a valorar a próroga por uns días, en función das previsións do tempo e a disponibilidad da empresa encargada do servizo.
2. Consideramos bastante exitosa a tempada deste verano na piscina. Moitos usuarios e boa calidade das augas foron a tónica dominante, e non houbo incidencias salientables, tendo en conta que é unha instalación que xa ten os seus anos con problemas na conservación, sobre todo, dos azulexos do vaso. Adoptáronse medidas de mantemento da instalación para dar o mellor servizo posible.
3. Coincidimos cos socialistas en que a obra de pavimentación do perímetro nun lateral do campo de fútbol é necesaria. Estudouse a inclusión da obra no Plan E 2010 pero quedou fóra, por mor das obras en Grobas, escola infantil, biblioteca e entorno, pavillón, rúa do Campo, e outras no propio campo de fútbol.
4. Tamén se solicitou a obra á Secretaria Xeral para o Deporte, xunto con outra para o ximnasio que se está a construir a carón do pavillón. Optouse por esta última, pois só era factible unha solicitude. Fixose despois de consultar a cuestión coa administración autonómica e nos concederon 3.531,45 euros para a instalación eléctrica do ximnasio. Primaron as cuestións económicas, pois a obra a pavimentación no campo ten un orzamento de 52.748,44 euros e a cifra que se podería conceder era mínima en relación co custo da obra.
5. Nesta lexislatura, fixéronse uns investimentos récord no campo de fútbol, valorados en máis de 500.000 euros. Botouse a herba artificial, instalarónse novos banquiños, recolléronse as augas pluviais do campo, acondicionáronse os vestiarios e o edificio administrativo, arranxouse o muro perímetral, instalouse alumeado na tribuna, acondicionouse un local baixo dita tribuna, etc… Con dar unha volta polo campo e comparar o estado actual e o que tiña en 2007, cando entrou este goberno, nótanse as diferenzas.
6. Queda por facer agora esta actuación, e imos tratar de buscar unha solución máis económica, para tentar que se realice.
? moi doado facer críticas e utilizar o termo «o goberno local renuncia» para facer política, sen molestarse en vir ao concello a consultar a documentación. Non renunciamos a nada, pero gobernar é priorizar. Non hai posibilidades de facer todo o que se quere, e necesidades sempre hai.
Pontecesures, 01/09/10
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais
4 comentarios
Xitano · 3-09-2010 a las 16:20
Homiño, según a miña sobriña, que ela mira os diarios eses, poñía o de renuncia, non fagas parvos a xente, q
Xitano · 3-09-2010 a las 16:30
Perdón, foiseme a tecla, o que decía, non nos fagas parvos, decidiches renunciar, non digas que non renunciades a nada. Non sexas mentireiro, queres confundir a teus veciños. Cartos, malditos cartos, agora xa vou entendendo, o outro día na televisión puxeron unha noticia, «os alcaldes sacaranlle do seu peto os cartos, para pagar as deudas que teñan no Concello». Entendino así, nos estamos tranquilos, deudas parece que non as hai, segun a información de Sabaris, e non nos preocupa senon os hai, temos a alcadesa que cobra o suficiente para atender esas facturas pendentes.
manolo o do bombo · 3-09-2010 a las 17:20
O da alcaldesa non lle chega a nada,gasta moito o xenrisimo ja..ja………………..
Luis Angel Sabariz Rolán · 3-09-2010 a las 21:55
Está moi claro: xa indiquei que tiñamos que optar só por unha actuación. Vexo que estás sarcástico, incisivo e con gañas de broma, «Xitano». Hai que aceptar a ironía e o comentario satírico.