Vandalismo que no cesa.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A forza de repetirse nuns e noutros lugares, xa deixan de ser noticia eses máis que lamentables actos de vandalismo co ataque e destrución, na maioría dos casos, de cantos bens do patrimonio público lles apeteza aos autores de semellantes trasnadas.

Non obstante un se resiste a deixar de comentar unha recente salvaxada cometida por eses modernos bárbaros que, ao parecer, só gozan imitando a aqueles outros antiguos «colegas» e que causaron a derruba coa rotura dunha man da estatua do doncel do século XV do noso ilustre Macias O Namorado. A sobranceira obra daquel magnífico escultor de Calo e recordado amigo, Alfonso Sanmartín.

Dende que un 9 de abril do 1961 se erixiu no xardín botánico de Padrón tal imaxe, nunca sufriu semellante incívica acción dos que, coma ben sinalaba nunha recente entrevista o famoso periodista británico John le Carré, «os seus brutais actos son froito da mediocridade que os define».

Quen lle iba dicir ao autor de Cativo da miña tristura que aínda despois de morto ía sufrir como se dunha nova e traidora lanza, como para lembrar aquela da corte de Enrique III. E fálase aquí de Macías de quen asemade doutro poeta padronés, Juan Rodríguez de la Cámara o del Padrón se considera que caracterizaron a poesía romántica do siglo XV.

Agora o doncel sobre o seu pedestal ocupa de novo o sitio no
botánico padronés, aínda que sen a man dereita que perdeu non en «nobre batalla» senón polo irracional incivismo de certos individuos.

Menos mal que por agora aínda se foron respetando o busto de Castelao e o do mestre Gende, paisano éste de Macías, que tamén honran espazo no mesmo botánico padronés, pero a vista de canto ben sucedendo con outros actos semellantes con destrozos nunha das artísticas fontes que adornan o fermoso recinto, non deixan de espertar dúbidas que aconsellan a urxencia da terminación do peche de protección do xardín botánico, sen dúbida unha das xoias do patrimonio artístico e cultural da vila de Rosalía.

José Castro Cajaraville. Cronista de Padrón
06/10/10

Categorías: Opinión

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.