Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións: O 13 de outubro, selección.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Para o mércores 13 de outubro, ás 9:00 horas, están convocadas na Casa do Concello de Pontecesures as persoas que aspiran a asistir ao curso de referencia que pertence ao programa “Aquelando 3” da Deputación Provincial de Pontevedra.

Aspiran a seren seleccionadas 33 persoas de Pontecesures e outras 12 doutros municipios.

O tribunal de selección está composto por técnicos da Deputación de Pontevedra que están ao cargo do desenvolvemento deste programa. O número de alumnos seleccionados será de 20.

Este curso é de balde, comeza nuns días con horarió de mañá por varios meses. Hai posibilidades de que os alumnos perciban unha bolsa de ata 10 euros/día en función da súa situación socioeconómica.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.