Ni rastro del proyecto de remodelación del puerto de Cesures.
Uno de los grandes proyectos que se echan en falta en los presupuestos autonómicos para 2011 es la reforma de la zona portuaria de Pontecesures, una reforma que ya tenía diseñada el anterior gobierno tripartito de la Xunta pero que José Manuel Álvarez Campana decidió reformularla por completo a su llegada a la presidencia de Portos de Galicia. Álvarez Campana, que definió el proyecto como «histórico y que marcará un antes y un después», aseguró en octubre de 2009, en una visita a Pontecesures, que las obras se licitarían en 2010 para poder ejecutarse la primera fase en 2011. Estas fechas ya quedaron desfasadas. En su última visita a la villa, hace unas semanas, Álvarez Campana habló de tener finalizada la redacción del proyecto en diciembre, pero parece que las obras no se acometerán en el próximo año puesto que los presupuestos no le destinan ni un euro.
DIARIO DE AROUSA, 21/10/10
11 comentarios
estudiante · 21-10-2010 a las 18:45
O engano era visto por todos menos polos jobernantes deste pobo que aplaudiron cando o PP tirou abaixo o proxecto anterior.
E o comedor escolar. Ajora o tránsfuga xa non o pide nin fala del. Co PP caladiños todos, que a cousa vai ben así.
E o centro sociocultural. Ah claro o que pasa é que en tres anos a meditar e inda non pensaron onde poñelo, que cando o teñan pensadooooo xa veremos todos, nin presupostos nin ostias.
E o parque empresarial. Bueno esto é cousa de pensalo ainda mellor. Estes personaxes non durmen de noite pensando nisto.
E o centro de día. Ah claro, démoslle un bo sitio para él, ó Xacobeo para que fagan alí un albergue para os peregrinos que boa falta fai. Están os «veciños moi preocupados» porque non da empezado, SEJURO QUE SÍ.
Bueno ajora nas eleccións do ano que ven prometerannos todo esto, outra ves, tomándonos a todos por parvos.
Bueno o tránsfuga Sabarís volverá a prometer participación do público nos plenos (en realidade non creo que teña tanta cara para volver a dicilo despois do visto), recuperar patrimonio para o concello: pazo da Cova, castro de San Xulián, monte de Porto…ou terá cara de volver a virnos co mismo, porque este ten morro para isto e para moito máis, tomando os veciños por tontos que non teñen memoria.
Bueno, inda quedan uns meses de lexislatura e inda pode facer aljo do que prometeu, sejuro.
Acordádevos que o PP tamén prometeu baixar os impostos e bla. bla e bla.
A dos pilastres na parede datrás da súa casa prometeu un tanatorio e fíxoo. Esto sí que é cumplir (bueno arrejlou os problemas da súa casa que era o importante o outro que máis da).
JODER QUE TROPA
Luis Angel Sabariz Rolán · 21-10-2010 a las 19:16
Isto é o de sempre, eu pódoche dicir que se arranxou a Plazuela cun investimento histórico, que se dotou de saneamento a Grobas e Fenteira (outro), que se dotou de herba artificial ao Campo de Fútbol, que se instalou novo alumeado nas rúas Portarraxoi, Sagasta San Lois e Víctor García, que colocou novo saneamento e beirarrúas nas mesmas rúas, que se acondicionou a Praza do Camiño de San Xulián, que se construiron novos nichos no cemiterio e se acondicionou a zona de aparcadoiro deste, que se actuou nos Martingos e no Outeiro de Carreiras, que houbo ancheamentos en Carlos Maside, na Toxa, acondicionamento na Subida a Requeixo, o pantalán para o Náutico, acondicionamento das gradas do pavillón, saneamento na rúa do Campo, unha obra impecable no Camiño dos Mariñeiros, recollida de pluviais en toda a zona alta do Monte de Porto, recuperación do canal de augas que estaba abandoado, posta en funcionamento da EDAR…e moitas cousas máis. No sexas fatalista.
Imos ver que pasa coa obra do peirao. Certo é que había un proxecto co bipartito de máis de 4 millóns de euros. ¿E a financiación?. Onde estaba. E para o Centro do Día tamén estaba a promesa. ¿E a financiación?.
No polígono, despois da propaganda do BNG na campaña das últimas municipais, o propio delegado de Vivenda no bipartito, asegurou en 2008 que era inviable facelo como estaba previsto por parte de Xestur, por razóns económicas.
Si se vai facer o albergue porque está adxudicado e asinado o contrato cunha construtora de Teixeiro (Curtis).
O que está claro é que os recortes nas administracións son moi significativos. Por exemplo, estaba iniciada a tramitación dun proxecto para arranxar as beirarrúas na N-550 por parte do Ministerio de Fomento e o arranxo da ponte romana e así o comentou o Subdelegado do Goberno hai meses. ¿Que vai pasar agora cos recortes?. Todo moi difícil.
Queres xa entrar en campaña, «estudiante» (todos sabemos que utilizas tamén o alcume «bngpontecesures»). Tranquilidade home que aínda hai que valorar bastantes xestións importantes que realiza o goberno local. En claridade e transparencia gañamos por goleada ao goberno anterior onde o autoritarismo, a burla aos dereitos de todos e as irregularidades estaba a orde do día (gasoil imposible, preferencia do Xabarín aos plenos. levantamento das sesións deixándonos coa palabra na boca, comidas con acompañantes sen identificar, subas de complementos e de categorías a dedo de funcionarios afíns, empadroamento fraudulento de xente que vivía en Taragoña, e tantas e tantas cousas, e o que queda). Isto tamén se vai valorar. mal que che pese.
sobreiras · 21-10-2010 a las 19:20
Sabariz abrúmanos coa información, está enterado de todo, estudiante viñeches por lana e saes trasquilado. por unha mantiña que ahora ven o frío. Beeeee…
Xitano · 21-10-2010 a las 19:39
Sobreiras, diriache que ou eres Sabariz ou estas namorado ou namorada del. Eu son veciño, e sei distinguir, aínda que sea xitano, que eso e outra cousa, cando as persoas son traballadoras e o fan sen interes, pero poñelo no pedestal, como o fas ti é moi fuerte. Se che parece, xa que o Papa, ven a Santiago, que o canonice, aforranos o viaxe ata o Vaticano.
Xitano · 21-10-2010 a las 19:36
Bueno Sabariz, moitas das obras non as fixeches vos, deronche ideas outros, e a pasta, de Louzan e de Zapatero. Así tamén arranxo a casa, se me veñen os cartos de esa maneira. E con respeto o anterior goberno, xa estas ti para defender os intereses dos veciños, non tendes o caso GASOIL, as chamadas, bla bla bla, no xulgado. Xa Cesures e Pernabuco, o saben, estas ti para repetilo. Teño un amigo músico, cando o vexa, voulle decir que che prepare unha canción, así xa tes música para as eleccións e despois en lista da canción de verano.
Xitano · 21-10-2010 a las 20:01
Outra cousa que se me olvidaba, coas novas tecnoloxías, vichedes os libros electrónicos da conselleira, as memorias ou pens xa non valen, despois estamos en crise, e eses aparatos non vale 20?, de 300? para arriba, mireinos para a comunión do meu sobriño.
Luis Angel Sabariz Rolán · 21-10-2010 a las 23:24
Naturalmente, «xitano», os Plans E 2009 e 2010 da Administración do Estado foron fundamentais en todos os concellos. E as axudas da Deputación tamén. Mira, agora vanse realizar, co plan anticrisis do organismo provincial, importantes obras en San Xulián, na rúa Patifas, na rúa Otero Acevedo, na rúa San Lázaro, na rúa Fontaiña, na propia fonte da Fontaíña, na Toxa, no espazo da rúa Novo Núñez onde está a imaxe do Apóstolo, e unha con moito investimento económico: a Rúa Deputación. Vexo que está contento e bromista e iso sempre é bo. Non merezo cancións nin pedestais, home. Eu cando me fun dos sitios sempre saín como entrei. Nin homenaxes nin historias. Máis cascado sí, pero lixeiro de equipaxe.
estudiante · 22-10-2010 a las 09:09
O de sempre sí que é a túa cantinela, que a repites unha , e outra e outra vez, que xa te debes aburrir ata ti mismo. Sejuro que a tes escrita e non tes máis que facer «Copiar, pegar».
So faltaría que chegados os cartos do plan E ou o plan anticrise da Deputación, por poñer dous exemplos, non fixerades nada con eles e que os roubárades ou os devolvérades por non saber que facer, pero eso non quere dicir que estean correctamente empregados nin moito menos.
Ti non entras a valorar o meu comentario como tal, vas por eses outros derroteiros que tanto che justa repetir.
Eu comento que das promesas que lle fixéchedes ós veciños hai 3 anos e medio, as máis importantes, non cumpríchides ningunha, e recalco especialmente algunhas das túas, que están na entrada anterior e que están á vista de todo o mundo: o comedor escolar non existe, o centro de día non existe, o parque empresarial non existe, o centro sociocultural non existe, a recuperación patrimonial do pazo da Cova ou do castro de san Xulián onde está, a particpación dos veciños nos plenos onde está, e so por citar as máis significativas. Eso é o que eu estou a comentar. Eu entendo que non che juste pero é a verdade pura e dura. Respostar a isto coa retahíla de costume resulta cansino.
Luis Angel Sabariz Rolán · 22-10-2010 a las 14:02
Mira, «estudiante», la gestión y las actuaciones están ahí para bien y para mal, y los vecinos son los que tiene que valorarla. Se hicieron unas cosas y no se hicieron otras, lo de siempre.
Por enésima vez digo que la prometida construcción de un edificio para el comedor (lo hizo el anterior delegado del bipartito en abril de 2007 en el colegio con varios testigos presentes) se quedó en nada. Que la promesa de Quintana para el centro de día, idem. Que el anterior delegado de Vivienda del bipartito nos comunicó en 2008 que era inviable que Xestur asumiese el polígono proyectado.
Es cierto que el no tener un edificio sociocultural es un fracaso de las sucesivas corporaciones de Pontecesures (y yo tengo mi culpa, por supuesto). Pero recuerda cuando se pideron 1.500.000 de euros por el Alfolí y el BNG presidía la corporación, a los que habría que añadir el inmenso coste de la obra. Vinieron bastantes técnicos de Cultura del bipartito, pero todo quedó en nada. Es difícil en la actual coyuntura económica conseguir la financiación de un centro de este tipo teniendo en cuenta que la ubicación debe ser céntrica por razones obvias.
¿Preguntas en los plenos? Por mí mañana mismo, pero yo no presido la corporación ni tengo facultad para eso. Sabes que lo mío no es ocultar asuntos. Y siempre lo demostré.
estudiante · 22-10-2010 a las 17:05
Ajora resulta que da vosa nefasta xestión vai ter a culpa o joberno anterior, e máis a Xunta. Vos sodes os que tedes que loitar para conseguir o que prometéstedes aos veciños e non conformarse co que dija a Xunta. A min non me vale nin que deben responder outros nin que é cousa de mala sorte. Para que estades aí, para cobrar solamente e se nos dan aljo ben e senon mala sorte?
? máis Valga que Cesures?
Valga conta entre outras moitas infraestruturas e servizos con Centro de Día, con Centro Sociocultural con auditorio.. somos nós menos?
Os jobernantes tedes a culpa. Non lla votedes aos demáis.
Cara de cona · 22-10-2010 a las 17:28
Ehhhhh….tranqui estudiante…..por moito bng que sexas malo se tes que vir a alabar a valga…que non empezou a campaña….estades fodidos e nos vides con caralladas…..o saba e un bo puxil atacádeslle e zas……..veña obras que se fan….veña gasoil a mazo…..veña papadas de angueira…..veña mensaxes a miles…..o pobo está contento….o outro día ata as de apa alababan a obra da biblioteca e o club xuvenil…..unha chulada…..queda perder estu……o bng tres e gracias…no mellor dos casos….ti o sabes ben porque eres un deles con manexo de codigo……..ai lampantín….jo…jo…jo…..