Convocado o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do Concello de Dodro.
A concellaría de Cultura de Dodro anuncia a convocatoria da XXIII edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón e anima a todo o mundo a participar. O prazo de recepción de obras remata o día 13 de novembro. O certame está dirixido a traballos escritos en lingua galega, con tema e forma libres. Deberán ser orixinais e estar inéditos na súa totalidade, nin estar presentados a ningún outro concurso no momento do fallo do premio de poesía de Dodro.
A dotación do mesmo é de 2.300 euros e o fallo farase público o día 11 de decembro mentres que a entrega terá lugar o 19 dese mes. A obra galardoada publicarase dentro da Colección de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.
LA VOZ DE GALICIA, 22/10/10
0 comentarios