Normalidade nesta xornada de visitas aos cemiterios.
Con normalidade desenvolveuse esta xornada. O Concello de Pontecesures había preparado un operativo coa presenza de Protección Civil e da Policía Local pola mañá e pola tarde. Tamén un operario de limpeza estivo a traballar nas entradas dos cemiterios ne xornada de mañá, e recolleuse o lixo a pesar de ser día festivo. Na capela do Cemiterio Municipal de Condide instalouse un pequeno equipo de megafonía para o exterior que aínda que tivo algún problema, axudou algo ao seguemento do acto relixioso.
A única incidencia foi a colisión da mañá na N-550 e hai que salientar a gran cantidade de vehículos que había no exterior do cemiterio de Condide á hora da misa. Sen dúbida, o espazo para aparcar para estes actos masivos vai quedando insuficiente.
2 comentarios
manolo o do bombo · 2-11-2010 a las 13:04
Eso era ó meu comentario ,non habia donde aparcar ,haber si facedes algo ,pois monte hay bastante ,desgraciadamente os vellos vamos morrendo,non queda outra.
Luis Angel Sabariz Rolán · 3-11-2010 a las 15:24
Hai que analizar o custo que tería unha obra de desmonte en rocha desas características co seu impacto ambiental e valorar facer un investimento importante pero só para os días 1 de novembro de cada ano e para os días dos enterros. Para eses días é obvio que se precisa máis zona para estacionamento dos vehículos.