“O auditorio de Valga converteuse nun referente. Vén o mellor, e todo gratis”.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Begoña Piñeiro Busto Responsable do Auditorio de Valga.

Responsable do auditorio de Valga desde o seu primeiro día de funcionamento, hai xa catro anos, Begoña Piñeiro encárgase de xestionar os contidos dun dos tres servizos que comparten o centro sociocultural de Cordeiro. Os outros dous son o centro de día e a escola de música. Begoña salienta o enorme valor dinamizador do auditorio para o municipio e os seus veciños.
-Nun concello tan rural como o de Valga, ¿cústalle moito á xente acercarse ás actividades do auditorio?
-Para nada. A xente de Valga é moi participativa. Temos xente todos os días, nos cursos de tai chi, de bolillos ou de danza, nas charlas e espectáculos… Tentamos mobilizar a sociedade valguesa, e a verdade é que resposta moi ben. O auditorio converteuse nun referente. Non só para Valga, tamén a nivel comarcal. Tentamos ofrecer unha programación interxeracional, onde os maiores lles transmitan os seus coñecementos aos máis pequenos, polo que colaboramos coas asociacións da terceira idade e de mulleres rurais. E a nivel de actuacións, temos un alcalde que se move un montón. Por aquí pasaron Nova Galega de Danza ou Nancho Novo. Conseguimos que a Valga veña o mellor, e todo gratis.
-¿Que é o que máis atrae os valgueses da programación do centro?
-Gustan moito as estreas da escola de teatro municipal. E os festivais que facemos en xuño e en decembro cos alumnos das escolas de teatro e de baile. Aí énchese o auditorio.

LA VOZ DE GALICIA, 12/11/10


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.