«Non entendo como está facendo isto sabendo que dentro de seis meses poden precisar de min».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Maribel Castro a negativa do BNG a estreitar a man tendida pola rexedora no acto de conciliación non a colleu por sorpresa. «Eu xa sabía de antemán por un membro do grupo do BNG que se ían reafirmar na súa acusación».
Como xa fixera no seu momento, a alcaldesa negou de plano a denuncia nacionalista, reafirmando que «deste Concello non se gastou nin un triste duro para amañar a miña casa. E en Medio Rural saben que todo se fixo correctamente. Cando rematou a obra da Consellería coloquei os andamios para as reparacións na miña casa sobre a obra de Medio Rural», pero sempre a cargo do seu patrimonio persoal e para resolver problemas xurdidos en 1995, ano desde o que «levamos pedindo unha solución para a zona de dominio público» da Chancela, coa agua minando a cimentación da súa casa e a dunha veciña. «Con ela non se meteron. Metéronse comigo por fins electorais», critica.
A sentenza, tras as eleccións
A alcaldesa di que «non entendo como están facendo -o BNG- o que están facendo sabendo que dentro de seis meses quizais poidan precisar dos meus servizos», en referencia á necesidade dun pacto para acadar a maioría de goberno. «Porque maioría absoluta non van ter», predí.
Ana Isabel Paz, letrada da asesoría xurídica do Concello presente no acto de conciliación, calcula que «la instrucción de la querella se puede prolongar unos seis meses», co que o xuízo non se celebrará antes das vindeiras eleccións municipais de maio.

LA VOZ DE GALICIA, 16/11/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.