Suspendido o acto contra a Violencia de Xénero por falla de asistentes.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O Concello de Pontecesures organizou para hoxe o 24 de novembro, ás 18:00 horas, e con motivo do Día Internacional contra a Violencia de
Xénero que se celebra o 25 de novembro, o obradoiro ??A VIOLENCIA DE X?NERO E TRATA DE PERSOAS CON FINS DE EXPLOTACI?N SEXUAL? coa proxección da curtametraxe ??MIENTE?.

O acto ía dirixido a homes e mulleres maiores de 18 anos pero foi suspendido porque non houbo nin un só asistente. Fora das dúas mulleres encargadas da proxección e da charla, de dúas traballadoras do concello relacionadas cos servizos sociais, e de dous representantes políticos, non foi ningunha outra persoa.

Realmente é decepcionante o ocorrido. Se nos quenta sempre a boca con estes temas, que si lazos, que si mocións, etc…e á hora da verdade pasa isto. ? o que hai.


4 comentarios

sobreiras · 25-11-2010 a las 18:08

¡Que vergonza!. Sempre o mesmo. Non se asiste as reunións da escola, nin da ANPA, nin a Escola de Pais/Nais… Cando na páxina hai novas, que precisamente non son política, nadie comenta nada. Parece que a educación e a formación non importa. Eso venlle moi ben a algúns dirixentes políticos que fan do pobo un pandeiro e nadie lles di nada, a nadie lle importa…

    Xitano · 26-11-2010 a las 18:19

    Entendo os veciños do pobo, fixose algo ó respeto, ou sexa douse a información os veciños, sabían os veciños o do acto?Unha de duas, non se enteraron ou non queren saber nada do goberno municipal. E moi triste, pero eche así.

Cara de cona · 26-11-2010 a las 19:22

non fodas amigo xitanillo…….segun me dixeron ali estaba o saba….e creo que a da escola….ben por eles…..que non se enteraron os do bloque e os sociatas?…..si estan todo o dia mirando esta paxina……incluso o Randulfo…..non irian porque estarían por aí comodos…..falan todos das mulleres, da violencia, tarxeta vermella e outras caralladas……..hipocritas….para quedar ben….pero a hora da verdade nada de nada…..non foi nin chenlo que ten a academia enfrente……nin os do edificio do centro social….e os caos non andan moi lonxe…

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-11-2010 a las 20:52

Non esperaba que viñeras a facer política con isto, «Xitano». Houbo anuncios na rúa sobre este acto, anunciouse en prensa e tamén neste medio que ten moitos seguidores. Botarlle a culpa do tristemente ocorrido ao goberno local é unha desculpa mala, o acto era sobre a violencia de xénero e non doutro tema. Non foi ninguén é penso que é un vergoña para todo o conxunto da vila. Para min, os que non asistiron foi porque tiñan ocupacións, ou porque non se enteraron, vale, ou porque non tiñan gañas e preferiron ir ou estar noutros sitio no seu tempo libre. Así de claro.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.