Suspendido o acto contra a Violencia de Xénero por falla de asistentes.
O Concello de Pontecesures organizou para hoxe o 24 de novembro, ás 18:00 horas, e con motivo do Día Internacional contra a Violencia de
Xénero que se celebra o 25 de novembro, o obradoiro â??A VIOLENCIA DE XÃ?NERO E TRATA DE PERSOAS CON FINS DE EXPLOTACIÃ?N SEXUALâ?� coa proxección da curtametraxe â??MIENTEâ?�.
O acto ía dirixido a homes e mulleres maiores de 18 anos pero foi suspendido porque non houbo nin un só asistente. Fora das dúas mulleres encargadas da proxección e da charla, de dúas traballadoras do concello relacionadas cos servizos sociais, e de dous representantes políticos, non foi ningunha outra persoa.
Realmente é decepcionante o ocorrido. Se nos quenta sempre a boca con estes temas, que si lazos, que si mocións, etc…e á hora da verdade pasa isto. Ã? o que hai.
4 comentarios
¡Que vergonza!. Sempre o mesmo. Non se asiste as reunións da escola, nin da ANPA, nin a Escola de Pais/Nais… Cando na páxina hai novas, que precisamente non son política, nadie comenta nada. Parece que a educación e a formación non importa. Eso venlle moi ben a algúns dirixentes políticos que fan do pobo un pandeiro e nadie lles di nada, a nadie lle importa…
Entendo os veciños do pobo, fixose algo ó respeto, ou sexa douse a información os veciños, sabían os veciños o do acto?Unha de duas, non se enteraron ou non queren saber nada do goberno municipal. E moi triste, pero eche así.
non fodas amigo xitanillo…….segun me dixeron ali estaba o saba….e creo que a da escola….ben por eles…..que non se enteraron os do bloque e os sociatas?…..si estan todo o dia mirando esta paxina……incluso o Randulfo…..non irian porque estarían por aí comodos…..falan todos das mulleres, da violencia, tarxeta vermella e outras caralladas……..hipocritas….para quedar ben….pero a hora da verdade nada de nada…..non foi nin chenlo que ten a academia enfrente……nin os do edificio do centro social….e os caos non andan moi lonxe…
Non esperaba que viñeras a facer política con isto, “Xitano”. Houbo anuncios na rúa sobre este acto, anunciouse en prensa e tamén neste medio que ten moitos seguidores. Botarlle a culpa do tristemente ocorrido ao goberno local é unha desculpa mala, o acto era sobre a violencia de xénero e non doutro tema. Non foi ninguén é penso que é un vergoña para todo o conxunto da vila. Para min, os que non asistiron foi porque tiñan ocupacións, ou porque non se enteraron, vale, ou porque non tiñan gañas e preferiron ir ou estar noutros sitio no seu tempo libre. Así de claro.