Un coche sen ocupantes cae ao río Ulla en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Onte, 9 de decembro, sobre ás 14 horas, un Audi 80 branco foi estacionado na rampla varadero, xunto a EDAR, do peirao de Pontecesures xa que o ocupante, ao parecer, pretendía retirar unha embarcación de recreo.
Pouco a pouco o coche foi desprazándose costa abaixo pola rampla, sen decatarse o titular do mesmo da incidencia, e foise ao río.
Apareceu hoxe o vehículo uns 100 metros augas abaixo, no paraxe do Pozo de Cornelia. Arestora estase a retirar do río.
Nas tarefas de busca e retirada participa Protección Civil de Pontecesures.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.