Por fin comeza a retirada dos vellos postes de Gas Natural Fenosa na rúa San Lois.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

No día de onte, a empresa Elenor, por contrata de Gas Natural Fenosa, comezou a obra de retirada de dous vellos postes de madeira, xa escorados, que foron colocados provisionalmente, hai nada menos, que tres anos e medio na rúa San Lois de Pontecesures (practicamente no centro da vila) para alimentar a uns abonados por mor da construción dun novo edificio. Nestes postes se apoian unha maraña de cables grosos.

Tanto os postes, como o cableado transmitiron durante todo este tempo unha imaxe estética lamentable, provocando as queixas veciñais pois o edificio en cuestión leva rematado máis dun ano e canalización soterrada necesaria para a retirada dos postes e do tendido varios meses, canalización que tivo que afrontar o promotor de edificio

Esta concellería realizou varias xestións co departamento de Gas Natural Fenosa en Pontevedra, expoñendo o abuso que se estaba a cometer con Pontecesures.

Aclarado o tema do ingreso dunha cantidade mínima por parte da empresa que realizou a canalización soterrada que xurdiu por un malentendido en canto á modificación da obra proxectada nun principio, recibimos con satisfacción a nova de que a retirada vai ser unha realidade nestes días. ? moi posible que a obra remate o luns día 27 de decembro.

Concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

2 comentarios

estudiante · 24-12-2010 ás 14:26

non é sen tempo, “gran xestor”.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-12-2010 ás 16:45

Efectivamente, a demora foi desesperante, “estudiante” ou “bngpontecesures”, que utilizas o mesmo alcume. Pero a índa así estou satisfeito, porque non sabedes ben os escritos, chamadas e xestións realizadas ata lograr a retirada dos postes da rúa San Lois. Por certo, do BNG nunca escoitei nin chío neste tema. Nin nos medios, nin no pleno.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.