Festas da Virxe Raíña dos Anxos en Carreiras.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Domingo, 2 de xaneiro.
-As 17:00 h. no Campo de Fútbol Ramón Diéguez de Pontecesures, encontro de solteiros contra casados.

Sábado, 8 de xaneiro.
-Pola mañá disparo de bombas de palenque e alborada do Grupo Xarandeira de Pontecesures.
-Ás 12:30 h. Misa Solemne na Igrexa Parroquial de Pontecesures.
-De seguido, Poxa de Ramos no Campo da Festa de Carreiras e sesión vermouth a cargo da orquestra “La Bámbola”.
-Pola noite gran verbena coas orquestras “La Bámbola” e “Aché”.
-Á 1:00 h. da madrugada, será servido un exquisito chocolate con churros de balde para todos os asistentes.

Domingo, 9 de xaneiro.
-Ás 16:00 h. festa para os rapaces con inchables e touro mecánico da empresa Diverneno gratis para todos os pequenos.

A Comisión de Festas de Carreiras agradece a colaboración dos veciños, das casas comerciais e do Concello de Pontecesures para a celebración das festas.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.