O Concello de Pontecesures reitera a solicitude de actuacións na PO-548 para evitar asolagamentos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

No día de onte enviouse ao Xefe Territorial de Infraestruturas de Pontevedra o seguinte escrito:

“Sr. D. Fausto Núñez Vilar
Xefe Provincial de Infraestruturas de Pontevedra
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Logo das fortes choivas da pasada noite, a estrada PO-548
Pontecesures-Vilagarcía esta a piques de asolagarse á altura do quilómetro 0,500, marxe esquerdo, no noso termo nunicipal, e case chegando á rotonda da Charca.

Hai uns días solicitouselle a vostede que se procedera á limpieza das cunetas dende o inicio da estrada ata precisamente a rotonda da Charca que foi onde comezou a obra de seguridade na estrada. O traballo non se realizou e isto inflúe na acumulación de augas, que xa están na beiravía.

Ademais, en moitas ocasións comunicouse que unha entrada de finca particular cun tubo de escasa sección por baixo no marxe esquerdo da estrada, ocasionaba acumulacións de augas, indicando que debía construirse nesa entrada unha gabia en aberto cunha plataforma por enriba para que circule o auga por baixo, retirando a tubaría. Tampouco se acometeu o solicitado polo concello.

Por enésima vez, solicítase que se executen os traballos solicitados polo concello. O risco de asolagamento das vivendas do marxe dereito é serio e a imaxe que se está a dar nunha estrada autonómica lamentable.

Resulta incrible, con clara marxinación deste municipio, que sexa executada unha importante obra de seguridade viaria na recta de Campaña, e toda a actuación se realizase no termo veciño de Valga, deixando os nosos 530 metros esquecidos por completo. Quedamos sen beirarrúas no marxe esquerdo nese tramo, con outras intransitables no dereito, con problemas de augas e con maleza e suciedade por todas partes.

Pontecesures, 06/01/11”


9 comentarios

estudiante · 7-01-2011 ás 10:20

Ajora veñen as lamentacións, ineptos.

javahacks · 7-01-2011 ás 14:25

Esto é o de sempre… ata que pase algo grave ou unha desgraza, nn se vai facer nada.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-01-2011 ás 14:29

¿Por qué ineptos? ¿De qué lamentaciones hablas, “estudiante”?. Parece que fastidia que se hagan reivindicaciones y lo normal es que los vecinos las conozcan ya que no todo es dar buenas noticias. La obligación de cualquier concejal es solicitar, cuando otra es la administración responsable, que se arreglen los problemas del municipio. Yo esto de la Avda. de Arousa lo vengo exponiendo desde hace años y algo ya se logró, (por ejemplo que bastante agua de la zona en cuestión ya se conduciera, en una “V” al lado de la acera de la rotonda de A Charca, a una tubería con mucha capacidad) y ahora creo que van a tomar medidas con este tema. También vengo demandando que la obra de seguridad vial de la PO-548 debe continuar hasta la Plaza de Pontevedra de Pontecesures. Lo solicité al bipartito con la obra en curso y lo solicité al gobierno actual de la xunta. ¿Qué gestiones hizo el BNG mientras gobernó con ejecutivo bipartito de la xunta?. Como “bngpontecesures” que eres, puedes informarnos.

estudiante · 7-01-2011 ás 15:46

Moito conto e cantinelas repetidas e o que ti tes. O único que fixeches ti e os teus socios foi humillarvos diante de Bello Maneiro que mexou por vos e ajora dicides que chove. Na ronda da Charca impediu que as augas de Cesures continuaran por onde foron sempre e achantástedes. Onte aljún deste pobo xa estaba pensando en pedirlle ó concello unha canoa. Déixate de escritiños e propajanda barata.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-01-2011 ás 17:05

Non desinformes “estudiante”. Colocouse na cuneta un tubo de 400 mm. claramente insuficiente, que cruza e a estrada na rotonda de A Charca (vai logo pola zona do bar máis ou menos). Houbo unha queixa deste concello, claro, e colocouse una “V” en aberto conducindo as augas rebosantes ata un tubo de 1.000 mm. que discorre logo entre a pista que vai entre Pontecesures e Valga en dirección ao Centro Médico. Esta “V” é a que impide o asolagamento da estrada. Agora o problema é a entrada da finca que falamos que provoca acumulación de augas e tamén a limpeza de maleza das cunetas. Tamén é de xustiza dicir que os prados da Charca están de auga ata arriba e que hai varios regatos, co que Augas de Galicia tamén tería algo que facer na zona. Vai dar unha voltiña por alí, pero analiza ben o que digo a pe de estrada.
Preocupámonos, “estudiante”, estamos atentos, xa chamamos aos vixiantes da estrada autonómica, por se hai que acometer unha actuación de emerxencia.
Reitero a pregunta que fixen antes a “bngpontecesures” que é tamén “estudiante”: ¿Que xestión fixo o BNG de Pontecesures cando gobernaba o bipartito da xunta para solucionar estes temas da PO-548 no seu discorrer por Pontecesures?

estudiante · 7-01-2011 ás 17:55

Isto teracho que respostar o bloque se o cree necesario. Dito isto, as obras na rotonda da Charca fixeronse con este joberno municipal no concello de Pontecesures non antes. Cando Maneiro dixo que o de Cesures se trajen as súas augas diante de veciños da Devesa, os que estaba a jobernar é o mismo equipo que sije ajora, e a alcaldesa calou e achantou. Esa é a realidade e os problemas continúan e ti sabes que iso é verdade e andas a mandar “cartiñas2 íos periódicos para xustificar a vosa inoperancia e ineptitude. Eso sábenos ven o veciños afectados. O resto e propajanda, da mala.

manolo o do bombo · 7-01-2011 ás 18:38

Sempre tes ó as para matar o tres,haber si alguna vez reconoces ó erros e dis que ó fixeches mal ,xa me estas parecendo don perfecto ,e certo ó que di estudiante ,baixechedes os pantalons ante maneiro en esa obra ,sobre todo a señora alcaldesa que se deixa querer politicamente ,entendamonos,e gobernou el ó que lle dou a gana,a gran ministra quere estar a ben co veciño amigo e ser o seu siervo si moana ,e asi nos vai e non defendemos o noso,pero xa sabemos que veu con fin de cobrar e non mirar polos intereses do noso pobo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-01-2011 ás 00:42

Informo sobre seccións de tuberías, sobre a importancia da solución buscada para evacuar as augas á tubería de 1.000 mm., sobre a mellora que se debe facer por parte de Estradas da Xunta construíndo unha pontella na entrada dunha finca e ti, “estudiante”, segues coa ineptitude. Co alcalde anterior houbo varios asolagamentos na zona en cuestión, e por iso pregunto que fixo o BNG de Pontecesures por arranxar esta situación, e que fixo para incluir no proxecto de seguridade viaria da recta de Campaña elaborado polo bipartito o tramo de Pontecesures, cando aínda ocupaba a alcaldía.

ultimatum · 8-01-2011 ás 01:07

Agora o mellor que podes facer Sabariz e crear a “ARCA DE SABA” e meter a dous concelleiros de cada partido para que non morran afogados. Esta claro que os do bng os deixarias que se afogaran, vendo o ben que te levas con eles.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.