Comeza a execución do deslinde do dominio publico hidráulico na pista da canle.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Comezaron hoxe estas actuacións logo da sentenza do TSXG que obriga a Augas de Galicia a realizar este deslinde e unha serie de traballos en execución da sentenza. Non ten nada que ver este tema co derrubo de casa algunha.
Sí hai outra sentenza, tamén do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que ordea o derrubo de unha edifición dunha casa na pista do Rial.

Categorías: Concello

15 comentarios

Sonny Forelli · 12-01-2011 a las 22:49

Si que tienen que ver los temas,por que las denunsias las llevo acabo la misma persona y lo que no se puede hacer es perjudicar a los vesinos.
Por cierto la Alcaldesa de este concello en la tv ha dicho que el concello no sabia nada,pero como no sabia nada si para las obras tiene que haber un permiso!!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-01-2011 a las 00:25

Non «Sonny Forelli», os temas son completamente distintos, ainda tendo o mesmo denunciante. No de hoxe, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordea a Augas de Galicia executar un deslinde por sentenza, que afecta ao dominio público hidráulico.Teño que ser cauto neste tema, pero podes non estar no certo no tema da obtención da licenza municipal de obras para estas actuacións.
Máis cauto todavía teño que ser no segundo. Neste caso é unha cuestión urbanística, e o TSXG por sentenza ordea o derrubo dunha vivenda. Facer cumprir a mesma correspóndelle ao concello. Hai moitas cuestións que poden xurdir no caso, e neste tema non debo dicir máis polo de agora.

manolo o do bombo · 13-01-2011 a las 13:22

HAY moito tempo ,que se sabia que lle iban a tirar a casa e non fixechedes nada ,boas palabras ,mentiras e nada mais,si vos tocara avos outro gallo cantaria,pudechedes remexer roma con santiago,que para eso sodes politicos e nada de nada ,aunque fora unha multa ,pero quedar sin a casa e moi triste,tanto traballo como da para facela eso si que e unha putada con perdon enon veñas coma sempre ,que se fixo ,que non se pode,etcetera,poñoche un exemplo a diputada carmen gallego estaba ilegal e parou ó asunto ,¿porque hai poder?,e ópobre na casa lle chove .

o chiquitas · 13-01-2011 a las 14:43

MIRA»»SONNIY FORELLI ,esto xa se sabia hay moito tempo,este señor leve pleiteando mais de vinte anos, ó concello esta farto de saber ó que pasa e que e mais facil mirar para outro lado ,que se maten os veciños entre eles ,que os politicos aparecen para ir buscar os votos……..

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-01-2011 a las 15:23

Mira, «manolo o do bombo», xa comezas desinformando porque na execución deste deslinde non se vai derrubar casa algunha. Hai unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 2003 e bastantes autos posteriores que indican os puntos do deslinde e autorizan unha execución subsidiaria por parte do recorrrente en base a un proxecto aceptado pola Sala do Tribunal con custos a cargo de Augas de Galicia. Este asunto comezou hai moitísimos anos e o concello non mirou para outro lado nesta cuestión de Augas de Galicia, pero as sentenzas hai que cumprilas. O que imos conseguir é que as dúas casas non queden sen acceso rodado polo terreno que nos di a sentenza que é de dominio público hidraúlico. Iso sería inconcibible.

manolo o do bombo · 13-01-2011 a las 18:19

EU non desinformo nada ,e ó boca a boca de hai moito tempo ,e ó da casa din que e ó 31 do mes que estamos e ti sabelo mellor ca min mentirosooooo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-01-2011 a las 19:21

Estamos a tratar un deslinde de Augas de Galicia ordeado polo TSXG, e ti nos saes coa casa da rúa do Rial. Dixen que había que ser cauto no tema da casa é que non debo opinar polo de agora. O que podes facer, e vir á Casa do Concello a comprobar o expediente do que falas coa sentenza do TSXG, sentenzas anteriores, recursos e outra documentación. O boca a boca nestes casos é perigoso.

jorge rodriguez · 13-01-2011 a las 20:25

Primeiro, o tema da casa e o do regadío son distintos; coincide o denunciante, nada máis.
Segundo, as fincas foron ocupadas, pero toda a aldea sabe que, no seu día, viñeron da Coruña e pagaron as fincas na mesma pista do regadío cedéndose daquela a titularidade á Confederación, ¿acaso non se lenbran de que as cobraron?
Terceiro, non me creo que dúas casas queden sen entrada, xa se verá, é menos, que ningún tribunal faga iso. Sen embargo, o que sí está comprobado é que este veciño (J.J.L.O.) leva máis de 30 anos sen tela, ¿e logo, non é tan veciño coma os demáis?
Cuarto, os únicos que protestan son os veciños dunha vivenda contando as cousas á súa maneira (e xuntando xente polas portas). Hai propietarios que acataron a sentencia e punto, xa se desfixo unha viña e alí non pasou nada, sabían que estaba expropiada e cobrada. Bastante tiveron ata o de agora con poder disfrutar do que xa non era da súa titularidade e, incluso, do baldío que foron collendo.
Se perderon ante os tribunais, será por algo.

    Dani Varela · 14-01-2011 a las 18:13

    @jorge rodriguez

    Estas bastante errado. En primeiro lugar, esto non forma parte da expropiación da que ti falas (1969), é máis, non é unha expropiación, concretamente é unha ocupación temporal que se deu nun aumento de deslinde do ano 2003. Nada de xente de coruña vindo a pagar. Polo tanto, non levamos tanto tempo disfrutando algo «que non era noso», ademáis de que iso é relativo e dito con moi mala intención.

    Eu tampouco me creía que as casas quedaran sen entrada. Tampouco me creía que parte do conflicto sexa o que argalla toda esta obra. Pareceme tán surrealista… Pero a realidade era esa. E digo era porque así estaba previsto polo promotor da obra – o veciño (J.J.L.O.) – , pero gracias a augas de galiza que vai facer unha rampla de acceso, vai a «disimular» este estropicio. Non sei a que te refires con que o veciño «leva máis de 30 anos sen tela», ¿Que tela? ¿Ter que aparcar o coche a 4 metros da casa e non a metro e medio e non ter tela?

    E por último. Non somos os únicos que protestamos, sí, como te daras de conta, eu formo parte de esa vivenda que falas. Pero que protestemos non é malo, é o noso dereito se creemos que foi unha inxustiza. Si contamos a nosa parte, é tamén da parte na que estamos, da que coñecemos. El tamén pode contar a súa. E non te equivoques, non imos polas casas reclutando a nadie pola causa. A xente que nos apoiou, á que llo agradecemos, veu pola súa propia vontade.

    Ah, e un último apunte. Os tribunais, por desgracia, dictan a diario sentencias erroneas. Non os xulgo, son persoas, e tamen se poden equivocar. Se perdemos pode ser porque se erraron, e na nosa man esta ahora reclamar. Non ten porque ser «por algo», como si ese «algo» dera pé a que xa ten razón absoluta.

    Un saudo.

javahacks · 14-01-2011 a las 16:32

«jorge rodriguez» e ti de onde se supon que saliches? Eres familiar do personaxe ese ou que? En 2 comentarios teus que lin, xa se che veu o plumeiro. Ben farías antes en pensar o que dis, que hai xente que está pasandoo mal

jorge rodriguez · 14-01-2011 a las 19:14

A «Dani Varela»: contéstoche con algo que todos poden ver hoxe mesmo, que o muro xa está medio feito, non quedades sen entrada, só tendes que mover unha columna que tendes fóra do cierre orixinario da casa (din que no expropiado) e pasan os coches perfectamente. Todo aquel que poida debería ir a velo, pois o que é malintencionado é dicir o que non é verdade.

Senón, outra solución é «aparcar o coche a 4 metros da casa e non a metro e medio» que parece ser que para vós non é tan malo.

Afortunadamente tamén se pode preguntar a calquera veciño cal era a entrada da que disfrutaba este home ata o de agora, un caminiño de pés, cousa non moi normal no ano 2011.

Tés toda a razón en que tedes dereito a protestar, pero contando a verdade e, sí fochedes polo pobo reclutando xente (pola taberna, por exemplo, foron a pedir que baixasen os veciños), e os que alí estábades era a vosa familia.
Outra cousa, ¿desde cando Augas de Galicia ou calquera outra empresa pública pode decidir sobre terreo dun terceiro?, porque iso é o que estades dicindo e non o cree ninguén. Nin os malos son tan malos, nin os bos tan bos.

A «javahacks». Pois mira, como che preocupa tanto, contéstoche que eu saín da miña casa e non, non teño nada que ver con ese veciño (non «personaxe»). Ademáis, non me podes ver plumeiro ningún porque non o teño, ¿podes dicir o mesmo?

Gustaríame, se alguén me pode contestar, saber porque se dúas vivendas supostamente quedan sen entrada, ¿por que a outra veciña non se queixa, nin sae nos medios, etc…? Non facer á xente parva…

sobreiras · 14-01-2011 a las 19:16

Dani Varela, será gracias a Augas de Galicia (Galiza, coma ti dis) e as xestións feitas polo goberno deste Concello, técnicos municipais, etc. que se reuniro durante horas para buscar unha solución. E de ben nacidos ser agradecidos. E a tí javahacks, deixa que cada un dea a sua opinión sobre o asunto, todos temos diferente xeito de pensar e non por eso estamos de lado de ninguén. Jorge Rodríguez non insultou a ninguén.

Luis Angel Sabariz Rolán · 14-01-2011 a las 19:38

Teño que dicir, «jorge rodriguez», que dende o concello observamos, (ao comprobar o proxecto) que a cota da nova rasante do espazo de acceso ás dúas vivendas, case na pista, dificulta, nunha casa máis e noutra menos, o acceso rodado ás parcelas (non é que non quede espazo de entrada). Por iso xestionamos con Augas de Galicia que se construira con celeridade unha rampla para que as fincas teñan un acceso rodado doado, con pendentes e xiros axeitados.

Dani Varela · 14-01-2011 a las 20:47

@sobreiras

Tes toda a razón. Erro meu. Intentado contestar a tanto pasei por alto sen querer algo tan importante quedandome só en quen vai realizar a obra. A xente do concello portouse fenomenal con nós, claro que llo agradezo.

@jose rodriguez

Non, o muro non está feito todavía. Van a facer un que aínda está marcado no chan por onde ten que pasar, que chega hasta a rúa, concretamente hasta as dúas primeiras pedras que se poden ver alí contando desde carreiras hacia abaixo. Ese vai a ser un muro novo de un metro de alto, que vai ir sendo máis baixo a medida que subes pola rampla. De non facer a obra da que falei arriba por parte de Augas de Galicia, pois habría que saltar para entrar a casa.

O cierre orixinario da casa, volvo a decirche, que non estaba no expropiado, está na «ocupación temporal» (só a metade que derrubaron) que se aprobou co aumento do linde do ano 2003.

Ademáis, coma ti decías, non é menos veciño. E pareceme fenomenal que loitara por ter un mellor acceso a súa casa, calquera o faría. Pero tampouco é máis veciño, nin máis cidadán, como para que lle permitan decidir a él como é a obra dun terreo que chamalle expropiado, ou ocupado temporalmente, pero ahora non vai ser nin noso nin del. A él permitironlle marcar o mapa, decideu con unha persoa que ten el personalmente contratada a construcción do muro ese, e constrúese como el quere pasandolle os costes a Augas de Galicia. A min parece surrealista de todo, que queres que che diga. Si lle aproban eso creo que debería ser unha terceria persoa a que decidira como debería quedar a obra buscando o beneficio de todos.

Todo esto que che estou contando, eu creo que é a verdade. Como comprenderás son parte afectada e quizáis en cousas non son todo o obxetivo que debería, non é fácil. Pero acusasme de eso e tí xa te trabucaches primeiro en que era un terreo expropiado polo que nos pagaron, basaste no «que din» que o cierre estaba en ese terreo, pero o «que din» meu presupolo mentira, que si o aproban será «por algo», agora que o muro está feito, a outra veciña non fala, etc…, non sei ata que punto queres chegar. Non pretendo convencerte nin facer parvo a ninguén.

jorge rodriguez · 14-01-2011 a las 21:37

Grazas por aclarar o tema Sabariz, comprobando o proxecto. O que eu estou en contra é de que digan que van a quedar alí encerrados cando iso non é verdade. Penso, como dixeron por aquí, que hai xente pasándoo mal e, polo tanto, eles son os primeiros que non deben de facer demagoxia co tema.

Ademáis, como ven dis á outra casa apenas lle afecta, entón que non den titulares falando de dúas vivendas sen camiño. Tamén a súa entrada fai un xiro non moi «adecuado» na pista principal que sube para o cruceiro desde que fixeron a súa entrada cun escalón importante (co conseguinte perigo para vehículos e peóns) e, sorte tiveron, que nunca houbo unha desgracia.

Tamén se desfixo unha viña bastante grande e os donos non montan estes espectáculos.

Volvo a dicir o mesmo, ningunha empresa entra nun terreo da túa titularidade para «roubarche» un anaco, menos aínda sen contraprestación algunha.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.