“Miña nai ten medo a que meu irmán a rexeite se o atopamos”.
Criou os seus fillos, sacou adiante a familia, e agora María del Carmen Portas Gago está empreñada nunha tarefa: dar co seu irmán. Esta muller de Pontecesures está convencida de que lle foi roubado a súa nai no Hospital Provincial de Pontevedra hai 45 anos. Asegura que dispón de probas para demostralo e presentou unha denuncia en Pontevedra para que actúe a Xustiza.
Este episodio aconteceu en 1966. Pesou catro kilos ó nacer. Sacáronno da habitación para metelo nunha incubadora, segundo lle dixeron a Rita Gago. Á mañá seguinte o pai e dúas tías vírono.
Foi a última vez. Cando voltaron a Pontevedra, ó día seguinte, dixéronlles no Hospital que morrera. Non chegaron a ver o cadáver nin dispoñen dun certificado de defunción. Non hai documentos que acrediten o paso de Rita Gago polo centro sanitario.
Cando soubo que tiña un irmán do qeu non sabe nada?
Meus pais nunca nos agocharon a miñá irmá e a min que tiñamos un irmán. ? algo que sei desde que teño uso de razón.
Por que presentou agora a denuncia de desaparición?
Picoume a curiosidade despois de ver na televisión un programa sobre rapaes que foran roubados. Antes non mirara nada este asunto. Criei aos meus fillos e quixen esquecer, porque bastante tiña coa miña vida.
Que obxectivo persegue presentando esta denuncia?
O que quero é atopalo. Non me preocupa nada que castiguen ou non ós culpables do roubo, e é posible que morresen.
En que se basea para pensar que seu irmán foi roubado?
A miña nai non lle deron papeis de alta e baixa no Hospital Provincial, non temos ningún documento de cando estivo internada, e de seguro que os levaron os mesmos que levaron a meu irmán.
Commo o imaxina agora?
Máis que nada, quero saber se está vivo. Se é así, terá 45 anos. ? poisble que estea casado, teña fillos e a vida organizada.
Se as xestións que puxo en marcha desen o resultado que agarda, acabará atopándose con el, será un momento delicado?
Entendo que non será doado, sobre todo para el porque seguro que se cre fillo biolóxico da familia ca que se criou. Recoñezo que, se sucede, será un golpe moi forte.
Que pensa súa nai de todo isto?
Miña nai ten 68 anos e moitísimo medo porque dende aquela pasaron 45 anos e pensa que puido morrer.
E cal e a súa expectativa?
Eu xa non lle teño tanto medo a ese intre, aínda que tamén me fago á idea de que non queria saber nada de nós.
Cal é a reacción dos veciños en Pontecesures desde que fixo público que presentara unha denuncia por desaparición?
Unha vaciña díxome que a ela pasoulle o mesmo caso nun hospital de Vigo, pero que non quere remexer no pasado, aínda que os fillos parece que están dispostos a ir adiante e tratar de averiguar que aconteceu.
Vostede ten algunha idea de onde podería estar vivindo hoxe seu irmán?
Eu teño datos que fun recollendo dos dez últimos anos e teño as ideas moi claras, pero non podo falar máis por é no Xulgado onde debo facelo.
Tamén imaxina como podería ser a familia na que se criou?
Daquela, ó Hospital Provincial ían dar a luz mulleres pobres e sen recursos, porque quen os tiña ía parir a clínicas privadas. Unha familia sen recursos e sen influencia non podería facerse co rapaz roubado.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 12/02/11
0 comentarios