O BNG de Valga confía en “Peque” para rabuñarlle algún concelleiro ao PP.
A asamblea local do BNG de Valga confía en Xosé Manuel Martínez “Peque” como candidato á Alcaldía. O ex edil e responsable local (que deixará este posto tras unha próxima reorganización) substitúe ao actual concelleiro, Antonio Rodríguez Touceda, quen se cae da lista.
A responsbel comarcal do BNG, Anxos Riveiro, subliñou que Martínez “coñece moi ben o funcionamento do concello e o que necesitan os veciños” e que a agrupación de Valga conta con “ilusión rennovada e gañas de sacar proxectos adiante”. Ademais do cabeza de lista, a candidatura está “maís ou menos perfilada”. Nos primeiros cinco postos concurrirán Pilar López vidal, Belén Romero, Anxo Cotón e Xosé Ignacio Magariños “Yiyo”. “Costoume dar o paso (admitiu Martínez), pero a xente ten moitas gañas e a esperanza de que Valga dea un paso adiante. Toda a asamblea pensou que tiñamos que renovar, non só o candidato, senón a lista, con caras novas”.
“Peque” comprometeuse a “defender os intereses dos veciños” e acabar coa política “partidista, caciquil. Queremos que todos teñamos os mesmos dereitos e que non haxa que pedir prebendas”. Asi mesmo lembrou que “as cousas útiles” as pormoveu o BNG durante o bipartito, como o “centro de día, a gardería ou o centro para discapacitados”.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 16/02/11
0 comentarios