Instalan na biblioteca de Pontecesures un novo programa de catalogación de libros antigos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A Xefatura do Servizo de Bibliotecas da Consellería de Cultura e Turismo instalou onte un novo programa para a catalogación de libros antigos na biblioteca municipal de Pontecesures.
Este programa vai seren utilizado exclusivamente para catalogar os libros da antiga billiboteca “Vicente Moure” porque os volumes foron editados antes de 1959, data na que apareceu o depósito legal. A partir desa data todos os libros editados no Estado teñen un exemplar na Biblioteca Nacional. Por iso, realizase esta catalogación coma sistema de control e seguemento destes volumes de valor histórico.

Categorías: ConcelloCultura

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.