O eterno problema do río Sar.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Dende moi antigo son coñecidos os problemas que, por outra parte, o poético e encantador río rosaliano lles ocasionou aos padroneses ata que co canal de derivación se viron aliviados polo menos na parte urbana. Porque aínda quedan padroneses, principalmente os que habitan nos termos de Lamas, Extramundi e Pazos, sobre os que seguen a castigar os enchentes que o Sar ocasiona no seu tramo entre o núcleo padronés e aquela zona, debido a que a pesar do tempo transcorrido dende que se teñen anunciado obras de remodelación da segunda fase do río, todas esas promesas seguen sen pasar diso: promesas.

Mágoa que levada a cabo a primeira fase da obra da canle, hai xa 15 anos, e que podemos considerar como a máis importante para Padrón dende hai moitas décadas, aínda siga pendente a segunda, programada a partir de Iria Flavia río arriba ata a Ponte Meana xa no concello limítrofe de Rois para dar por rematado o vello problema dos enchentes.

Semellante acontece co anunciado hai algún tempo por Medio Ambiente respecto a que coa colaboración dos concellos do contorno se procedería á rexeneración das contaminadas augas do dito Sar, pero que continuan baixando cos mesmos sinais de contaminación. Hai que din » haberá que seguir esperando. Talvez coas novas eleccións volvan… as promesas.

José Castro Cajaraville
TIERRAS DE SANTIAGO, 22/02/11


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.