O palista cesureño Ismael Llerena Moreiras, prata no galego de maratón.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Na categoría xuvenil K2, Lucas Feijo e Ismael Llerena, do club As Torres Romería Vikinga de Catoira acabaron segundos no campionato galego de piragüismo, modalidade de maratón, e polo tanto medalla de prata.

O As Torres Romería Vikinga de Catoira gañou este Campionato Galego de maratón por equipos, disputado no río Lérez de Pontevedra o pasado sábado, con 2725 puntos, quedando en segundo lugar o Club Naval de Pontevedra con 1542 puntos e en terceiro o Club Piragüismo Verducido-Pontillon con 1376 puntos.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.