?? BRILLÁN COMO EL SOL DE ESPA?A?: NACEMENTO E OCASO DA FÁBRICA DE BOMBILLAS PADRONESA ??LÁMPARAS IRIA?.

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. en

Cando saimos de Padrón con dirección a Santiago de Compostela, e pasamos en Iria a ponte que cruza por riba da vía do ferrocarril,e miramos cara a dereita,a uns 200 metros,veremos unha antiga cheminea industrial.Pois nese lugar indicado, estivo noutro tempo funcionando a coñecida empresa ??LÁMPARAS IRIA,S.A.?.

A orixe da fábrica de lámparas incadescentes ??IRIA,S.A.? xurde da iniciativa do padronés Estanislao ??Tanis? Pérez Artime (1881-1945).Estanislao era fillo do importante comerciante, procendente da localidade rioxana de Ortigosa de Cameros, José Ramón Pérez de la Riva e a padronesa Maria de los Dolores Artime. Estanislao Pérez Artime contraeria matrimonio con Angela Rey Baltar (1884-1964).

O 2 de setembro de 1929 constiuse perante o notario de Padrón, Ignacio Viñas Nieto, a sociedade ??IRIA,S.A.? ,sendo xerente e presidente do consello de Administración o propio Estanislao Pérez Artime .A empresa contaba cun capital social de 1.100.000 de pesetas, dos cales un 66,7% do total das accións eran propiedade de Estanislao Pérez Artime. O resto das accións correspondian a un amplo abano de persoas. O sector da banca estaba representando por Juan Saenz (Banco Simeón) e os irmáns pontevedreses Ignacio e Francisco Riestra Calderón (Banca Riestra).Tamén figuraban o vilagarcían Santiago Rey Daviña ,o comerciante santiagués Miguel Martínez de la Escalera. A lista de accionistas completabase ademais con persoas da propia familia Pérez Artime,coma a nai e os irmáns de Estanislao, Isidoro e José; os seus fillos José,Manuel e Estanislao Pérez Rey ; o seu cuñado Antonio Domínguez Orense, que era un dos grandes comerciantes de Pontecesures, entre outras persoas. O domicilio social da nova empresa establécese no lugar de Iria,casa número 1.

A fábrica, que se pon en marcha en 1929,conta ademais con fabricación propia de casquillos para as bombillas e forno de vidro. As lámparas que se pretenden fabricar eran dunha patente española , creada en 1927,que Estanislao Pérez mercara nun principio, para o seu uso en España, Cuba, Portugal e Bélxica, así coma a pretensión de ambraguer máis paises. Tamén rexistrara a palabra ??YRIA? ,escrita de forma oblicua e con i grego ,coma marca impresa que iría nas bombillas. Segundo X.Carmona Badía, as primeiras semanas de funcionamento da empresa estiveron marcados por unha chea de problemas. As partidas de bombillas sairan cativas e defectuosas, algo que lle deu, nun primeiro momento ,moi mala fama á Compañia. Para paliar isto botouse fora ó director técnico, Francisco de Salas Rodríguez, e decidiuse contratar a un enxeñeiro máis competente, o alemán Hez Karl Feuchter, que viña da empresa Castañeda y Cía de Madrid. El encargouse de reorganizar a fábrica e encargou a compra de maquinaria maís adecuada. Deste xeito, as cousas comezaron a funcionar en mellores condicións. Obtouse ademais por cambiarlle ,de balde,ós clientes de Lámparas Iria, as bombillas defectuosas por unhas que funcionaran. Superado este contratempo,tiveron que afrontar outro inconvinte . Dado que Lamparas Iria era unha empresa nova no mercado, o resto das compañias do sector dedicaronse a ??tirar? os precios para tentar arruinalos e botalos do mercado, feito que non lograron de todo, xa que co comezo da Guerra Civil Lámparas Iria fariase cunha parte importante do mercado galego, xa que os fábricantes madrileños e catalanes quedaran na zona republicana, sen posibilidade de exportar as zonas controladas polos rebeldes franquistas coma Galicia.

Lamparas Iria foi ademais unha empresa que dende un primeiro momento prestou moita atención a súa imaxe publicitaria.Segundo apunta Quiroga Valcarce,en 1930 Lámparas Iria manda producir unha película publicitaria ,na que aparecian imaxes do interior da fábrica en pleno funcionamento cos obreiros traballando así coma imaxes de Padrón.Esta filmación foi estreada no antigo Salón Latorre,en abril dese mesmo ano, coincidindo posiblemente coas festas da Pascúa de Padrón. Dita filmación que tiña coma fin a súa exhibición nos principais cines de España, estivo producida probablemente pola empresa do cineasta José Gil ??Galicia Cinegráfica?. Ademais do cine, Lámparas Iria serviuse da prensa para dar a coñecer os seus productos,coa inserción de espectaculares e chamativas ilustracións publicitarias nas follas dos principais xornais galegos,facendo moi poulares os segunites lemas :
??Lamparas Yria,lucen como el sol de España? ou ??La lámpara gallega para Galicia?.

Tamén foron destacados os stands que instalou Lámparas Iria nas feiras e exposicións a onde acudiú a mostrar os seus productos. Ese fora o caso das feiras do automóbil de ocasión e exposición industrial que se celebraran en Pontecesures nos anos 1950 e 1954.Na feira cesureña de 1950 Iria,S.A.. presentou a súa caseta expositora cun arco de triunfo rematado coa cruz de Santiago, que estaba perfilada con bombillas e cun saúdo de benvida ós visitantes. Estes exemplos dan unha boa idea da preocupación que a dirección de Lámparas Iria tiña á hora crear unha boa imaxe de marca do seu producto,que seguiron coidando con outro tipo de detalles. Lámparas Iria encargou a Cerámica Celta de Pontecesures a realización dun secante publicitario ,coa imaxe das torres da colexiata de Iria, seguramente coa fin de ser agasallado ós seus bos clientes.Ademais en Cerámica Celta, segundo conta Xoán Guitián, utilizabanse os restos dos vidros da fábrica de lámparas, para transformarlos e empregalos no vidriado exterior dos artigos feitos de cerámica.
As amizades que tivera Estanislao Pérez Artime, durante a II República ,con persoeiros e deputados de esquerdas pasarialle despois factura ó pouco de estalar a Guerra Civil. O historiador Carlos Fernández explica que Estanislao foi represaliado,permanecendo unha temporada no cárcere de Santiago de Compostela.Cando saiu dela deu moitos cartos para reparar o presidio, coa fin de mellorar as condicións nas que se atopaban os presos.

En 1945,coa morte de Estanislao,a presidencia da empresa pasa ó seu fillo,o enxeñeiro Estanislao Pérez Rey que era o director técnico e propietario a súa vez da fábrica de casquillos de bombillas de Lámparas Iria. Nese mesmo ano ?IRIA,S.A.? amplia o seu capital social ata os 5 millóns de pesetas, dos cales unha gran maioria son da sociedade ??Hijos de Simeón García? de Ourense e Santiago de Compostela.
En 1948 a fábrica declaraba un consumo oficial de 43.000 m3 de gas,mentres que o seu plantel era de 92 empregados.

Os problemas económicos e as continuas perdas que afectaron a IRIA,S.A ,nos anos posteriores, fixeron que en 1953, para poder restablecer o equilibrio financieiro da Compañia, optarase por reducir o capital social á metade. Ademais a empresa seguiu investigando en novos sistemas de iluminación, e despois de visitar unha fábrica en Londres, polo ano 1953, e adquirir unha seria de experiencias, adecuan a factoria e deciden fábricar tamén tubos fluroerescentes, que serán comercializados baixo a denominación de ??VERALUX?. A pesar da introducción de novos productos no mercado, a fábrica de Iria seguiria pasando por máis visicitudes economicas nos anos seguintes,pechando aproximadamente a mediados dos anos 70.

Daniel Seijas Llerena
Artigo Publicado no xornal «Galicia Hoxe», o 17-3-2011.
Enlace, onde aparece o anuncio de 1954 :
http://www.galiciahoxe.com/indexSuplementos.php?idMenu=17&idNoticia=659733


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.