Distribución dos espazos dos taboleiros electorais de Pontecesures.
Segundo acordo da Xunta Electoral de Zona de Pontevedra nos paneis da Praza de Abastos, da rúa Portarraxoi, da rúa San Lois e da rúa Víctor García a distribución do espazo deses paneis é a seguinte:
-BNG, 31,45%
-PP. 23,12%
-PSdeG-PSOE, 13,74%
-IP, 7,70%
-TEGA, 7,70%
-API, 7,70%
-ACP, 7,70%
24 comentarios
piris · 29-04-2011 a las 18:46
Xa que non se respectaron os votos dos cidadáns a hora de elexir alcalde; espero que agora se respecten os espacios dos taboeiros electorais.
Por certo,pregúntome porque o PSOE que non ten concellais, ten máis espazo que ACP ou IP , que teñen representación no concello. Espero que alguén poida aclararmo. Grazas
Luis Angel Sabariz Rolán · 29-04-2011 a las 21:01
Xa debatemos moitas veces que os alcaldes son elixidos polos concelleiros e non polos veciños (así está establecido na normativa), e seis son máis que cinco. Tampouco os cidadáns elixen ao presidente do goberno, nin ao da xunta senón os parlamentarios. Por isto é alcalde de Santiago o Sr. Bugallo, de Vigo o Sr. Caballero, de Pontevedra o Sr. Lores, etc… que non foron as listas máis votadas. Tamén é presidente de Cantabria o Sr. Revilla (3ª lista máis votada), e o foi o Sr. Touriño de Galicia, a unha gran distancia en votos do expresidente Fraga, etc…
O PSdeG nos taboleiros de Pontecesures ten máis espazo porque contan os resultados das últimas municipais e as siglas socialistas obtiveron dous concelleiros nos comicios, mentres que IP tivo un e a ACP ningún (non se presentou).
Caminante · 1-05-2011 a las 15:23
-«por isto é alcade de Santiago o Sr Bugallo, de Vigo o Sr Caballero, de Pontevedra o Sr Lores, etc… que non foron as listas máis votadas»-… coa diferencia, Sr Sabariz, que os partidos destas tres persoas, que non foron como di os máis votados; a) unha vez unidos «contra» a lista máis votada escolleron como alcalde ao máis votado deles, e b) os tres alcaldes de Santiago, Vigo e Pontevedra cumpliron cos seus votantes, do PSOE e do BNG, asumindo o pacto PSOE-BNG asinado en Santiago. Todo como en Cesures, donde a alcaldesa foi a «máis» votada dos tres e os candidatos do PSOE «déronlle» a alcaldía o candidato máis votado do BNG.
E Non valen excusas de que vostede xa dixo na campaña de que non apoiría ao BNG, vostede presentouse polo PSOE, e punto. Vostede aproveitouse dunhas siglas para o seu uso persoal. E punto.
Se me contesta, pídolle por favor evite repetirme o do gasoil, sms, actuacións, vamos o de sempre, non por nada, senón por que xa o sei de memoria.
Senón contesta, non pasa nada.
Luis Angel Sabariz Rolán · 1-05-2011 a las 16:38
Por enésima vez comento «Caminante» que a min no PSOE aseguráronme que non ía haber pacto, do contrario non estaría na lista. Saes con que a segunda forza máis votada sí pode obter a alcaldía, pero as seguintes non. Cuestións non reguladas que cando conveñen se defenden e cando non conveñen non. A lexislación electoral foi aprobada no parlamento nacional e os alcaldes son elixidos polos concelleiros. E seis son máis que cinco. ¿Por que sairon seis e cinco?. Porque os votos do BNG foron inferiores en votos aos da suma das outras tres forzas.
Non vexo normal que te refiras ao que debo ou non debo dicir. Convén que todo Pontecesures saiba o ocorrido antes de xuño de 2007, sobre todo para que non se repita. ¿Que ti o sabes de memoria e parece que non lle das importancia?. Pois outra moita xente quere ter datos disto e sí lle importa. Mira o venres pasado conteille a un xove o dos máis de 1.200 sms ao mesmo número dende o teléfono do ex alcalde en seis meses, e tamén o do imposible consumo de gasoil do patrol en case tres anos (54 litros aos 100 quilómetros), as dobres repostaxes nun día, a repostaxe da noite de fin de ano de 2005, etc…Quedou abraiado comprobando estes extremos que teño acreditados. Naturalmente que hai que mirar para adiante con novos proxectos e actuacións. Pero o pasado sempre hai que telo en conta, pois tes que lembrar, «Caminante», que o ex alcalde é ,de novo, candidato á alcaldía.
manolo o do bombo · 1-05-2011 a las 21:24
E eso e o que che JOD … a ti.
Caminante · 2-05-2011 a las 08:44
Está claro, Sr. Sabariz, que seis son máis ca cinco. Pero a min non me vale a resposta de manual e dicir que son cuestións non reguladas que cando conveñen se defenden e cando non non. Creo recordar e recordarlle que dende o ano 1995, ano dende o que se veñen acadando pactos de goberno entre distintos partidos, o alcalde elixido foi o do partido máis votado, Trenco 95-99, Angueira 99-03, Angueira 03-09. No 2007 o máis votado, sen contar ao Sr. Angueira, foi o Sr. Randulfe do PP con 600 votos, logo vostede con 300 e despois a señora Maribel con 200 votos. O acontecido xa é máis que sabido. Por iso a súa resposta non me vale, o manual a veces necesita explicación.
Supoño que lle explicaría todo isto a ese xove. Supoño tamén que lle explicaría por que quizais ten que percorrer 30 km. mínimo para sair de marcha un sábado cando antes a tiña no concello. Supoño tamén que lle explicaría a ese abraiado xove o gasto, que non foi pouco e seguro que bastante máis que todo o gasto dos SMS, das feiras do automóvil paralela á creada pola asociación Mirandolle os dentes, sendo a súa feira un autentico fracaso, tanto de critica coma de imaxe de Pontecesures. Supoño que a ese mesmo abraiado xove recordarialle
Caminante · 2-05-2011 a las 08:47
todo isto.
Por certo, lembreime cando falou do xove de la niña de Rajoi.
Perdón polo corte.
porco bravo · 2-05-2011 a las 08:56
Non «manolo o do bombo», o que JOD…non é que sexa un ex alcalde, o que JOD… ou debería JOD… á xente decente , é que un IMPUTADO se presente como cabeza de lista nunhas eleccións.
Caminante · 2-05-2011 a las 11:32
O imputado, nun proceso xudicial, ten unhas garantías, entre elas a da presunción de inocencia. O imputado é inocente mentras un xuiz non demostre o contrario cunha sentencia na súa contra.
Ollo, non confundir ao IMPUTADO cun PROCESADO, que é o que cando existe un delito, teñense sobre este sospeitas de que sexa ou autor, ou encubridor ou mesmo cómplice dese delito, pero OLLO, unha vez dictado auto de procesamento, que é cando un xuiz resolve a sobre a IMPUTACI?N.
manolo o do bombo · 2-05-2011 a las 11:58
Adelantachesme caminante ,a misma resposta lle iba a dar eu a ese porco bravo.
Luis Angel Sabariz Rolán · 2-05-2011 a las 14:22
Ya dije varias veces «Caminante» que a los dirigentes socialistas se les dijo, antes y después de las elecciones, que no se iba a posibilitar la continuidad del anterior alcalde pero tampoco se iba a votar la elección de un alcalde del PP. Por eso se votó a la actual alcaldesa que lideró una lista independiente.
Sobre la «marcha», lugares y ciudades de diversión en la actualidad, forma de divertirse y modas de los jóvenes en las noches de los sábados, locales de copas o discotecas y salas de fiestas en el municipio o en otros, no hablamos. Vincular al ayuntamiento en estas cuestiones, creo que no tiene sentido, ni cuando hay mucha gente, ni cuando hay poca.
No estoy de acuerdo con el comentario sobre el fracaso de las ferias municipales del automóvil. No dudando que Fegaclasic fue muchísimo más completa en número y modelo de vehículos antiguos expuestos, se presentó un evento distinto al de Fegaclasic en cuanto a los coches de ocasión (compraventa de coches actuales de segunda mano). Es opinable, naturalmente, la decisión y la oportunidad de ese gasto. Como lo es el de la obra de A Plazuela o el del concurso de carnaval, por ejemplo… Pero que tendrá eso que ver con el envío de más de 1.200 sms al mismo número en seis meses, o con que desde el 21 de ocutubre de 2003 hasta el 31 de marzo de 2006 el cuentakilómetros del Patrol de obras indicara que recorrió sólo 19.015 kilómetros para los que hizo falta la friolera de 10.369,87 litros de gasoil según los tickets imputados al vehículo, o con el pago por el concello de una multa de 3.000 euros por una condena contra la libertad sindical del exalcalde en unas elecciones de los representantes de los trabajadores.
ZEN · 2-05-2011 a las 15:34
moi ben Maestro, deixalle claro e repítelle ó «Caminante» ata que aprenda a lección. Deixate «Caminante» de absurdas matizacións conceptuais en relación ao que nos ocupa, que é o inexplicable descenso de consumo de combustible unha vez denunciado no pleno da corporación o posible fraude do señor Angueira; antes da denuncia e despois da denuncia pública, NON FAI FALLA DECISION XUDICIAL, está ben claro, ou explicas tí a diferencia no consumo antes e despois de sacar o asunto a publico coñecemento, sabes o que dí a xente que …¿qué fai aquí Angueira presentándose as eleccións SI NON VIVE AQUÍ?… eso doille máis os veciños incluso que o inexplicable consumo do combustible… que queres que che diga «Caminante»…. que non hai camiño que hai que facelo….
Caminante · 2-05-2011 a las 16:21
Ao final, unha vez máis, colocou a cuña de tódolos días…
Está claro que SMS e feiras fracasadas non teñen nada que ver. Ata aquí dacordo. Pero eses cartos mal invertidos, por moito que vostede diga, son cartos de, por e para os cesureños. Creo sinceramente, e vostede tamén o cree, eses miles de euros estarían mellor invertidos noutros lugares do concello, por exemplo na pista de deportes do final do peirao. E non estou defendendo o gasto inxustificado dos SMS, ao contrario, é moi censurable.
Logo de trinta anos de marcha en Pontecesures, a movida no concello estaba ferida de morte, pero como nas corridas de touros, faltaba a estocada final. Esa estocada, a derradeira, deulla vostede con toda aquela tontería das carreiras ilegais. Seguro que se lembra. Eu ben me lembro das patrullas da garda civil e de vostede de ronda aos sábados seguintes en busca do Fernando Alonso de Pontecesures. Ante tanta ronda, pide pista e imos para Boiro.
Luis Angel Sabariz Rolán · 2-05-2011 a las 16:52
Non e a cuña de todos os días, «Caminante», é importante explicar o ocorrido para que non se repita no futuro.
Cando se goberna hai que decidir, e, claro, todo é opinable. No valado da pista do peirao non se actuou por que se está a espera do que decida Portos de Galicia sobre o futuro desta instalación. Pero, por exemplo, hai quen dí que era mellor botar un solo de madeira no pavillón ou construir uns novos vestiarios no campo de fútbol en lugar de facer as obras do Plan E que se executaron. Opinións para todos os gustos. Por iso debe xulgarse a acción dun goberno polo conxunto das actuacións.
¿Responsabilizarme a min de que veña pouca xente aos lugares de copas?. Sona un pouco a broma. Home, o tema da velocidade na estrada do peirao era preocupante, a dicir de moitos veciños, (risco de accidentes graves e ruidos considerables) e a presenza da Garda Civil foi criticada por algúns e celebrada por moitos, aínda que estes feitos nada tiveron que ver coa asistencia aos locais. Por suposto son dos que desexo que os establecementos de Pontecesures volten a ter xente no futuro. Ogallá.
piris · 2-05-2011 a las 19:22
Parece que a miña pregunta ten a resposta axeitada no primeiro comentario: » O PS deG ten máis espazo porque contan os resultados das últimas municipais e as siglas socialistas obtiveron dous concelleiros mentras que ACP ningún».
Entendo entón que as remuneracións que recibiron do axuntamento estos dous concelleiros (por asistencia a Plenos ) correspondenlle o Partido Socialista. Pregunteille os socialistas e dixéronme que » non recibimos nin un peso «.
A miña pregunta (pregunta, que non opinión ) é a seguinte: ¿Hai apropiación indebida deses cartos ?, ¿Quén se quedou con eles?, ¿ ? honesto quedarse cos cartos e non darllos a quen pagou a campaña electoral?. Por favor, aclarademe estas dudas…Grazas por anticipado
Luis Angel Sabariz Rolán · 2-05-2011 a las 21:41
Es incomprensible como se pueden hacer acusaciones, «piris» , sin rigor alguno. Te explico:
1. El PSOE en 2007 se hizo cargo del gasto de la cartelería, de los trípticos, de las papeletas con los sobres para repartir por las puertas y de los carteles de los mitines. También envió algunos caramelos con el anagrama los globos y las pancartas. Por último, visitó Pontecesures un coche con megafonía en un par de ocasiones.
2. De los bolígrafos, caramelos, pincho servido en un mitin, obsequios como un alfiler con la rosa del partido, publicidad en medios locales y otros pequeños gastos respondimos nosotros.
3. Obviamente las indemnizaciones por asistencia a sesiones (24 euros antes, y 20 euros desde el 30 de junio de 2010) las percibimos los que asistimos a las mismas con las correspondientes retenciones personales por IRPF. Ayudan, en una pequeña parte, a sufragar algún gasto relacionado con nuestra función y para paliar las horas que le dedicamos a esto. Estas indemnizaciones son para los concejales, no para los partidos.
4. Si posibilitamos en 2007 que el PSOE percibiera la subvención por los gastos originados por las actividades electorales regulados en el art. 193 de la Ley Orgánica 5/1985 del Régimen Electoral General. Los partidos reciben una subvención por cada concejal electo y otra por cada voto obtenido, siempre que obtengan representación (276,86 euros por concejal, y 0,55 euros por voto, son las cantidade fijadas por la Orden del Ministerio de Economia y Hacienda de 4 de abril de 2011 para el proceso que se avecina, pero con el límite que resulte de multiplicar el número de habitantes del municipio por 0,10). Aún siendo apartados de las siglas, nos llamó el PSOE y remitimos la documentación que había que obtener en el ayuntamiento a la dirección provincial de los socialistas en Pontevedra. De este modo sí cobró el partido las subvenciones antedichas, lo cual nos pareció lógico por los gastos que realizaron.
Que «piris» nos acuse de delitos como el de apropiación indebida, ya es el colmo. Yo creo que algunas personas (muy posicionadas en nuestra contra, claro), tienen como objetivo sembrar dudas sobre nuestro comportamiento y lanzar acusaciones de este tipo aprovechándose del desconocimiento de estos temas. Realmente uno queda indefenso, pues no podemos desmentir estas barbaridades ante todos los vecinos. Por eso aprovecho este medio para explicar bien estas cosas.
Saludos a todos.
Caminante · 2-05-2011 a las 22:39
Sintoo dicirche, «Zen», que eu non creo nin en maestros, nin en ídolos, nin en xente «endiosada».
Tampouco creo nos salvadores, visionarios ou persoas que sempre creen ter a razón.
Menos ainda creo nos aduladores, tiralevitas, zalameros e pelotas.
Pola contra, creo na miña xente, amigos e en min mesmo.
E por suposto so creo nas leccións que me deron naquelas maravillosas clases da facultade da Uiversidade de Santiago.
Non creo tampouco nos xuizos paralelos, na faladuría barata e no «y tu más».
Creo, sen embargo, na xustiza e nos tempos da mesma.
Non creo no falar por falar, no escoite daquel… nos cotilleos, rumores, chismes…
E por suposto, claro que hai que facer camiño, pois «caminante no hay camino, se hace camino al andar. Caminante no hay camino y al volver la vista atrás se ve la senda que nunca se ha de volver a pisar».
A ver se aprendemos a mirar dunha vez para adiante.
piris · 3-05-2011 a las 11:53
Penso que o meu primeiro respostante está un pouco fora do mundo real. ¿ Onde fago eu acusacións ? . ¿ Onde acuso eu de apropiación indebida?. Eu simplemente fago unha PREGUNTA. A «táctica» de facerse a victima , de atribuir os demáis algo que non dixeron, ou de sentirse perseguido ( » todo el mundo está en contra de mí » ) ten denominación propia e específica nos manuais de psiquiatría.
Por certo, vou facer outra pregunta . ¿ A FINSA deixou de contaminar?. ¿Por qué pararon tan de repente aquelas críticas tan furibundas contra a empresa? . ¿Quén sabe algo…?. Agradécese resposta.
Caminante · 3-05-2011 a las 13:00
No referente á contaminación acústica, taxantemente si. Está claro que ainda se escoita moito ruido, pero en comparación co ruido de fai oito anos… hai moita diferenza.
Recordo vagamente este caso, pero creo recordar que o que se denunciaba era precisamente isto, o do ruido constante e molesto para os veciños do outro lado do río.
Agora ben, se nos referimos á contaminación ambiental, a única solución sería o cambio de lugar da fábrica. Pregúntalle aos que traballan alí que opinan.
Luis Angel Sabariz Rolán · 3-05-2011 a las 13:51
Deixate de manuais de psiquiatría, «piris». Sementaches intencionadamente dúbidas sobre se nos quedabamos con cartos que non nos correspondían e din todo tipo de explicacións a ti e aos numerosos seguidores do medio. Debeu quedar o tema claro, e vexo que xa cambias de tercio, e nos levas para o asunto de Finsa. Con diferenza, fomos ,Alfonso Diz máis eu, os que máis nos preocupamos por este tema con numerosas queixas diante da opinión pública (medicións acústicas e de contaminación aérea e todo tipo de escritos e entrevistas cos directivos da empresa e coa Xunta dando a cara). Mellorouse o do ruído coas pantallas de peche de 9 metros de altura na beira do río, instalouse unha nova caldeira de biomasa e foron eliminados determinados puntos de saída de virutilla. Obviamente queda bastante por facer pois eliminar totalmente as micropartículas non é doado segundo manifestan. A empresa quedou en seguir investindo para solucionar este tema.
Realmente hai que recoñecer que a situación actual é mellor que hai uns anos, aínda que tamén inflúe, desgraciadamente, a situación de crise con menor actividade na fábrica. De todos os xeitos hai que seguir insistindo.
Os que mellor poden corroborar o que digo en canto ás nosa xestións son os responsables da madeireira.
porco bravo · 4-05-2011 a las 10:33
IMPUTADO: persoa que está a ser investigada pola presunta participación nun delito ou feito punible.
PROCESADO: persoa contra a cal díctase o «auto de procesamento», é dicir, unha vez que se acredita a existencia dun delito, ten sobre esa persoa fundadas sospeitas de que sexa o autor do devandito delito.
Ambos teñen a presunción de inocencia xa que ésta non desaparece ata que o xuíz dicta unha sentenza condenatoria.
A presunción de inocencia, como o resto de garantía procesais, serven para que quen é condenado o sexa a pesar de todas elas, é dicir, ningunha lle serve para saír absolto.
A meu modo de ver, as persoas imputada en casos de calqueira tipo de corrupción despertan unha gran dúbida acerca da súa honestidade.
Moi mal o ten que ter o BNG de Pontecesures cando non lles queda máis remedio que poñer como cabeza de lista a un IMPUTADO.
Caminante · 4-05-2011 a las 12:49
Para rematar; a lei nada di de que un imputado podo presentarse a unhas eleccións. Por iso, a pesar tamén de estar imputado, Camps, por exemplo, pode concurrir á presidencia da Generalitat valenciana.
Outra cousa ben diferente é se éticamente é correcto. Pero lamentable sintoo dicirche que neste pobo non andamos moi sobrados de ética… Basta con que mires para o concello ou que para ser 6, 1 vale máis que 2 e máis que 3.
Tiroliro II · 5-05-2011 a las 16:48
co porcentaxe nos tablons o bng pegara moitos mais carteles que os outros pero digo que si que un imputado pode presentarse, e dous tamen, que son os que van en cesures polo bng, pero non queda ben que mandando mensaxes mil e moitos ao mismo telefono pase o que pase, se poida representar a un pobo, e tampouco firmando vales de gasoil dun patrol municipal con cargas de gasoil cada dez minutos ou os vales de carga do cabeza que os metian cos do concello
kashide · 5-05-2011 a las 18:51
…e velos, ahí achantan todos non hai divisións internas, eso é disciplina, non se move nin DIOS, non hai como a democracia interna dos partidos… FUENTEOVEJUNA, houbo jasoi pra todos, e senón que mo expliquen