«Hai que esquecer prepotencias».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Araújo tira contra o PP.

«Hai que esquecer prepotencias»
Araújo é actualmente o secretario xeral do PSOE en Pontecesures e o coordinador comarcal do partido. Aínda que formou parte outras veces da lista, esta é a primeira vez que a encabeza.
-¿Como afrontan estas eleccións despois de estar catro anos fóra do pleno?
-Animados e con gañas de cambio, como fixemos nós mesmos. Ese cambio é necesario. Sobre todo un cambio de actitudes. Hai que esquecer as prepotencias, o individualismo e a procura do protagonismo político.
-¿Fálame vostede de Sabariz?
-Pois si. Queremos fuxir diso.
-Moitas listas, ¿non si?
-Moitas, pero a democracia é así.

-¿E por que pasa isto?
-Porque moitos que alardean de actitudes democráticas non as executaron no seo do seu propio partido.

-¿E agora me falla do PP?
-Pois si. As dúas novas listas son escisións súas.
-¿Cal é a súa quiniela?
-Non me atrevo a facela, pero nós imos acadar un bo resultado. Estamos con moitas gañas e temos propostas atractivas para que Pontecesures recupere os anos que leva perdidos, nos que outros concellos nos pasaron por diante.

-Fáleme de algunhas desas propostas…
-No económico, queremos apostar polo río, tanto na promoción da lamprea como produto de calidade como porque é un atractivo turístico. Propoñemos tamén crear unha empresa de servizos sociais creada e dirixida por mulleres. Para a mocidade, apostar por obradoiros sobre novas tecnoloxías e promover o autoemprego para loitar contra o paro. Nese eido tamén apostamos por un centro tecnolóxico do aluminio que traballe cas empresas deste ramo. Tampouco se está aproveitando ben o GDR e as posibilidades que ofrece na promoción da agricultura ecolóxica.

-Son tempos de darlle ao coco…
-Claro. E de apostar pola conciliación, cun comedor escolar ou conseguindo que as actividades escolares se fagan no colexio, por exemplo.

Roque Luis Araújo Rey
25 de setembro de 1967, Vilagarcía
Casado e ten un fillo
Traballa nunha axencia de publicidade

LA VOZ DE GALICIA, 05/05/11


11 comentarios

Tiroliro II · 5-05-2011 ás 16:55

Non vexo o protagonismo de sabariz do que fala Roque, botoulle huevos para sacar de diante a angueira con valor e facendo o que dixo, se quixera seguir de protagonista no psoe tiñao todo na man e nin roque nin leites, agora seria el o candidato do psoe, pero prefireu dar a cara cumprir o que dixo sin quedar como un charlatan que se plega aos mandatos, non tragou e cesures se liberou das cuchipandas do gasoil de gratis, dos sms sin rumbo, dos enchufados ascendidos do partido no concello, mellor o individualismo de sabariz que a borregada si guana dos de agora no partido

kashide · 5-05-2011 ás 18:45

que si Tiroliro II, que tés razón, un par de huevos, e todo o que tí queiras… tamén o Emiliano Zapata ..”Quiero tierra y libertad… y el Gobierno se reía cuando lo iban a enterrar”… deixate de historias…e que… que conseguiu Sabariz…outra opción era renunciar a condición de concelleiro e marchar calado…as opcións eran varias, cumpriu co que dixo… SIII, pero se non tragou co PSOE e co BNG tragou co PP E CON IP, que…..manda carallo…que queres que che diga…entre pillos anda o xogo…. MOITAS OPCI?NS… a máis acertada… cal ?

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-05-2011 ás 19:04

Home, “kashide”, eu non tiven que tragar nada, nin andar con pillerías. Cumprin o que dixen e fixen o que puden durante estes catro anos. Non ía facer como o can do hortelano, houbo que implicarse e saiu un mandato moi aceptable. Ademais dos logros das obras e das actuacións en xeral, mellorou a imaxe da institución, a transparencia, a seleción do persoal, os dereitos dos concelleiros, etc…¿Que politicamente para min era mellor deixarme ir e non votar o que votei?. ¿Que persoalmente sería mellor irme para a casa?. Iso é discutible, pero penso que se fixeron cousas e que Pontecesures avanzou.

piris · 5-05-2011 ás 19:26

O que non se pode facer é coller os votos da esquerda para poñer unha alcaldesa de dereitas. Eso é enganar os votantes. Outro día que teña máis tempo contaréi como se pedía o voto nas pasadas municipais na miña casa : ” Eu nunca votei á dereita. Fun independiente ,pero sempre de esquerdas…”

charly · 5-05-2011 ás 22:03

pois non piris a xente do psoe non votou a sabariz nas pasadas munipais
votou o bng.
como se pideu o voto alguns prometendo postos de traballo non falemos por favor.e para olvidar,
en canto a prepotencia verase pronto sr Roque non fales adiantado veras que nos partidos hay que trajar con pedras de muiños( al tiempo)
voto de menos xente de cesures e lamento nin dios e desde pobo e os que son non viven nel ..lamentable……

Luis Angel Sabariz Rolán · 6-05-2011 ás 01:13

O debate dos conceptos de esquerda e dereita nos tempos que vivimos non van moito conmigo, “piris”. E menos na política municipal. Evidentemente coincido con “charly” en que apenas tiven votos dos afiliados socialistas cesureños en 2007. A mensaxe clara e nítida foi daquela que non ía posibilitar a elección do alcalde anterior. Os que me votaron coñecían isto, os dirixentes socialistas tamén e o pobo de Pontecesures pois tamén. Por suposto que cumprin e non houbo engano a ninguén.

piris · 6-05-2011 ás 08:51

Cando os conceptos de esquerda e dereita “non van conmigo” ás persoas honestas preséntanse como independientes e non por un partido político (que sempre ten unha definición ideolóxica clara).
O que sucede é que algúns quixéronse aproveitar dos problemas internos do PSOE e foron á “mamandurria”. Pregoaron ós catro ventos que eran da esquerda, NUNCA DIXERON ?S VOTANTES QUE IAN A PACTAR CO PP, algúns fixéronse militantes do PSOE (eso me dixeron amín) e cando non puideron quedarse co mando no partido , déronse de baixa. ¿Quén pode rebatir isto?

Luis Angel Sabariz Rolán · 6-05-2011 ás 14:20

Quero dicir, “piris”, que para min as ideas de esquerda, centro ou dereita, sobre todo na política local, non teñen maior relevancia. Todos temos uns principios, pero se hai que asfaltar unha pista, se hai que organizar o entroido, se hai que organizar cursos para os maiores, se hai que conquerir un comedor escolar, etc…, hai que facelo e punto. O imprtante é valorar a capacidade de traballo, a honradez, o diálogo, a defensa dos intereses do concello, a transparencia, etc… ¿A ideoloxía?; penso que importa bastante máis o antedito.
Falas de mamandurrias e de historias do PSOE que me son alleas. Pero vou comentar algo para que vexas como son estas cousas políticas e os valores de cada quen: O día 15 de xuño de 2007 catorce persoas (entre elas Alfonso Diz e máis eu) da lista do PSOE decidimos apoiar á actual alcaldesa na sesión de investidura non posibilitando a elección do alcalde anterior polo tantas veces exposto. Todos sabemos o que pasou despois cando fomos afastados das listas. Evidentemente os catorce (incluso as dúas persoas abstencionistas tamén ao asumir o resultado da votación) debiamos consideranos non adscritos. Porén, ocorreu unha cousa curiosa, pois Concepción Gómez Figueira, nº 3 da lista do PSOE para 2011 e que tamén ía de nº 3 connosco, pasou a formar parte da nova executiva socialista de Pontecesures. O sexa, os concelleiros Sabariz e Diz ao “inferno”, aguantando de todo con concentracións e pintadas. A Sra. Gómez Figueira, que votou o día 15 de xunio de 2007 como nós (non foi das que se abstivo), ao ceo e pasando de rositas.
Non escribo con resentimento (sempre tivo Conchi un trato correcto conmigo e viceversa), e conto aquí isto porque llo comentei antes á interesada cando entrou na executiva xa hai tempo. Que non pareza, por outro lado, que eu tiña interese en continuar no PSOE. Por suposto que non. Pero esta ben que se coñezcan estes feitos por parte de todos.

Cara de cona · 6-05-2011 ás 18:12

Hui..xa temos o Saba no seu papel….atizalle a conchi a mosca…..e moi ben dito…..a ver esta que fai agora con angueira e a de julian……que papelon….oes roque falas de que outros pobos nos pasan por encima?……..o que lle pasou por enriba ao psoe de cesures foi angueira que se mondou de risa sempre de todos.. ….e agora o roque pamplina…esto nin o arregla o bruxo de Grobas…..

piris · 6-05-2011 ás 18:48

Tempos aqueles…, cando papá era concellal con Piñeiro Ares e doume un “cholliño” no concello.

Cara de cona · 6-05-2011 ás 19:32

anda jodido este piris…..estes que volven a mentar a Piñeiro…….carallo con eles……a min non me dou o cholliño….que me meu pai era albanel……eu penso que a quen llo deu foi a tua prima…pensa ben o que digo….jo…jo…jo….

Deixa una resposta a kashide Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.