Un neno de oito anos sofre feridas nunha perna tras ser atropelado por un coche en Eugenio Escuredo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Un neno de oito anos de idade resultou ferido nun atropelo que tivo lugar na tarde de onte na zona do peirao de Pontecesures, nas inmediacións do lugar no que se estaba a celebrar unha festa infantil neses intres. O atropelo produciuse arredor das catro e media da tarde na rúa Eugenio Escuredo, á altura da curva do Telleiro.
O rapaz, que non estaba acompañado polos seus pais, senón por un amigo, cruzou a estrada dende a marxe máis próxima ao río cara a zona na que estaban instalados os xogos e inchables da festa infantil. Antes de atravesar a calzada mirou cara o lado dereito para comprobar si se achegaban vehículos pero, ao parecer, non mirou á esquerda, segundo explicou máis tarde a Policía Local de Pontecesures. Era precisamente pola esquerda por onde se achegaba o coche que finalmente atropelou ao neno, que reside no municipio de Dodro.

O condutor, veciño de Pontecesures, tentou evitar o accidente e realizou unha manobra evasiva en canto se percatou da presenza do peón na calzada, pero non foi quen de evitar o atropelo. Bateu co corpo do neno á altura do espello retrovisor dereito e o menor saiu rebotado a consecuencia do impacto. O rapaz sufriu feridas nunha perna, que posiblemente tiña rota, e foi trasladado nunha ambulancia asistencial ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

DIARIO DE AROUSA, 17/05/11

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.