Resultados das eleccións locais de Pontecesures por mesas
Sección 1, Mesa ?nica U (Condide, Carreiras, Infesta, Grobas, etc..)
IP 87; TG 37; BNG 201; PP 84; API 21; ACP 77; PSOE 56; Brancos 6; Nulos 2.
Sección 2, Mesa A
IP 105; TG 66; BNG 174; PP 134; API 39, ACP 61, PSOE 86; Brancos 12; Nulos 21.
Sección 2, Mesa B
IP 117; TG 78; BNG 188; PP 124; API 49; ACP 87, PSOE 64; Brancos 23; Nulos 20.
21 comentarios
Luis Angel Sabariz Rolán · 23-05-2011 a las 15:00
Non teño porque estar calado «manolo o do bombo». Hai van unhas primeiras opinións:
1. A ACP obtivo a súa acta con números moi folgados. Era conscente que tiñamos a posibilidade de ter outra máis, pero aínda así deixamos por detrás a tres forzas políticas máis. Estou a analizar, de todos os xeitos, os resultados en función da xestión realizada como é lóxico para sacar conclusión e actuar en consecuencia.
2. O BNG perdeu 275 votos dende 2007 (case un tercio do seu electorado). O normal sería pasar a tres con 563 votos, pero a división do PP fixo que obtivera a cuarta acta. Por exemplo, o PP en 2007 obtivo 616 votos e tivo 3 actas. En cambio o BNG agora con 53 votos menos tivo catro. A división foi unha tremenda lousa para os populares.
3. O PSOE perdeu 160 votos en relación cos datos de 2007, pois de 366 votos pasa a 206 (bastante máis dun tercio do seu electorado).
4. A suma do BNG e do PSOE en 2007 foi de 1.204 votos. En 2011 a suma destas dúas forzas é de 769. E importante observar estas tendencias.
caja · 23-05-2011 a las 15:04
SE?OR SABARIZ VOSTEDE SACARI 1 PERO ROGAR ROGACHES MEU FILLO PORQUE AO NON TER XENTEEE AI O K AII
estudiante · 23-05-2011 a las 16:04
Xa empezamos con interpretacións forzadase e subxetivas.
1º as eleccions teñen un clarísimo ganador que é o BNG, e iso non debería estar en discusión porque é así. Ao presentarse diante dos electores para que estes elixan quen queren que se dirixa o destino do concello durante os próximos 4 anos, o pobo prefiríu en primeiro lugar ao BNG, e sio que tiñan ben en que elixir. Isto está claro.
2º lojo está o c.aso de TeGa que como opción novedosa obtén representación, e ahí está. Non se pode dicir que gañou porque gañador só hai un, o que queda de primeiro.
3º o tripartito é o claro perdedor, pois cun total de 6 concelleiros pasa a 5 entre o 3 que jobernaban, Maribel, PP e tránsfujas.
Todo o demáis e darlle a volta e reviravolta pero os votos están ahí.
Non entro a valorar os posibles pactos poselectorales nin preelectorales.
outro · 23-05-2011 a las 16:33
As cousas non son tan brancas ni tan negras, estudiante. Xa temos todos aniños para saber que o pobo non elixe ó Alcalde, senón ós concelleiros. Se todos queremos facer a interpretación que máis nos interesa, ahí vai a miña: a maioría do pobo non quere que goberne o BNG, porque de seren así o BNG tería 6 concelleiros, e a realidade é que as forzas progresistas suman 4 +1 concelleiros. Exactamente os mesmos que a dereita, 2+2+1. E non sei donde incluir a Sabariz, aínda que todo o pobo sabe que Sabariz nunca apoiaría a Angueira. En resumen, a esquerda ten 769 votos e o resto 1166. A maioría quere un goberno de dereitas.
maruxa a curuxa · 23-05-2011 a las 16:35
Que o BNG gañou en Pontecesures é unha obviedade, igual que Camps en Valencia… a verdade é que esperaba e desexaba que sacara moito menos, non sei como o partido central permite que unha persoa imputada sexa a xabeza dunha lista, xa non sei coma vos tamén o permitides, penso eu que no Bloque de Cesures hai xente moito máis competente. Pero se para o pobo estes aspectos non son salientables, eu acato, aínda que non comparta. O que sí que me gustaría é que se ó final goberna o Bloque, espero e desexo, polo ben do concello e da xente que se dedique a traballar, porque nos seus anos de goberno, moito non fixo, e tamén me gustaría que estea no concello cando ten que estar, non correndo ou facendo pesas no ximnasio do Clube Náutico, vamos o normal, digo eu, un alcande que goberne e non se distraia envaindo sms, e estas cousas máis propias dos adolescentes na idade do pavo
maruxa a curuxa · 23-05-2011 a las 16:44
Outro, totalmente dacordo contigo
papagos · 23-05-2011 a las 19:07
Vaia cara mais dura ten o Sr Sabaríz, dí que o PSOE perdeu 160 votos con respecto ó 2007. ¿Non recorda que no 2007 foi vostede o que iba nó PSOE?. ¿Pero vostede non decía por activa e por pasiva, que no 2007 non recibiu ningún voto de socialistas?. O que perdeu foi vostede, de pouco lle serviron os arranxos de camiños de última hora. Y o que perdeu estrepitosamente foi o tripartito «digno» do que tanto presumeu, un quedou fora, outra a pesar de ser alcaldesa só gañou 104 votos e vostede deixou o posto do outro tránsfuga no camiño. Noraboa ó BNG, que estando na oposición logra 4 actas de concelleiros. Noraboa ó PSOE, que salvou os mobles coa que está caendo recuperando 1 acta que lle había roubado o Sr Sabaríz. E noraboa o Sr Cordo porque arriesgou e logrou 1 concelleiro.
Caminante · 23-05-2011 a las 19:15
«Outro», totalmente en desacordo contigo.
E ollo, respeto a súa opinión e non quero que me entenda mal…
Di que se o pobo quixera que o BNG gobernara, sacaría seis. Pero eu engado, non cree que despois de ter unha alcaldesa con 200 votos (1), un partido con catro, o máis votado dun crisol de 7 partidos, 564 votos, non é o que o pobo quere como alcalde?
E outra matización, Sabariz é de dereitas? Non me queda claro.
Ah, uns están no ximnasio, outros ás dúas da maña están no Concello comentando as entradas neste medio. Que prefire?
Dicirlle ao Sr. Sabariz, que a lei unhas veces nos favorece e outras non. Iso é o bonito. Consolose en pensar que se no 2007 houbera 7 partidos, o señor Angueira sería alcalde con maioría absoluta…con todo o que iso significaría… micro, 24 horas de portas abertas…
papagos · 23-05-2011 a las 20:34
Mira «outro», no 2007 BNG+PSOE obtiveron 1200 votos. O IP de Maribel + o PP de Randulfe obtiveron 821 votos. ¿Qué goberno quería a maioría entonces?. Gobernou Maribel, non porque o pobo quixera, (según tí, si o pobo quixera a Maribel, daríalle 6 concelleiros), gobernou grazas os tránsfugas Sabaríz e Díz. ¿Daquela, cál era a túa opinión?.
outro · 23-05-2011 a las 21:51
Non teño a menor intención de erixirme en protagonista da web contestando a uns e outros, pero só por esta vez, xa que son alusións directas, vou respostar.
A «Caminante», tamén con todos os respetos: o meu comentario anterior era referido á afirmación categórica de «Estudiante» das interpretacións forzadas e subxectivas e de que o clarísimo ganador das eleccións é o BNG. ? curioso que as afirmacións forzadas son sempre as que fan os demáis. Pois eu expreso una opinión contraria. O BNG no é o ganador das eleccións. O BNG é a candidatura que obtén máis votos, que non é o mesmo. A MI?A opinión, e que pido que sea respetada ainda que non compartida, é que o ganador das eleccións é o que obtén a alcaldía. Os demáis poden ser ganadores matemáticos, virtuais, morais ou o que queiramos, pero as eleccións do 2007 ganounas a alcaldesa. Ela mandou, ela cobrou e ela é a que quedará no cadro na parede do concello.
Para rematar con «Caminante», non dixen que Sabariz fose de dereitas, dixen que non sabía donde situalo, e con outras palabras dixen que todo o pobo sabía perfectamente que votando a Sabariz estaba dando o voto a unha posibel coalición de dereitas. Supoño que todos estamos de acordo en iso. E que vaian ó ximnasio ou que estén respostando aquí dame exactamente o mesmo, aínda que as doce da noite non me parece unha hora axeitada para estar no concello. Ollo, que eu nunca vin a ninguén, só respondo á túa pregunta.
E observarás que eu non gardo as formas do «vostede». Se a educación e o respeto sempre son de agradecer, supoño que non se perden por apear o «tratamento», e polo tanto, ti tamén podes facer o mesmo.
Papagos: BNG+PSOE=1200 votos. Evidentemente máis do 50% é claro sinal de que o pobo quería un goberno de esquerdas. O que non vou entrar agora aquí é a discutir si Sabariz avisara de que non ía pactar co BNG, penso que é un tema máis que falado ¿O pobo sabía iso?. Porque se o sabía non vale a fórmula BNG+PSOE. A miña opinión daquela era a mesma que teño hoxe. Eu non sabía que Sabariz non pactaría con BNG, pero non quere dicir que non o souperan os demáis. Sexa como fose, para min foi un erro do PSOE que xa pagou ó quedar sen representación estes catro anos atrás.
Lamento a extensión do comentario. No quero polemizar, pero xa está ben de que sempre semella que as únicas opinións son as de Sabariz e Estudiante. Só expresaba a miña. Non hai por qué estar de acordo con ela.
pandorcas · 23-05-2011 a las 22:30
Isto é coma cancion que dicia A LA RUEDA RUEDA DE PAN Y CANELA COGE UN OCHAVO
O malo que so o pode coller un de vos.
Caminante · 23-05-2011 a las 23:36
Tampouco eu, «outro» teño nin quero a intención de erixirme en protagonista deste medio, pero volto a estar en desacordo contigo… e de verdade que o sintoo.
As eleccións do 2007 gañounas e de maneira folgada o BNG.
Temos que diferenciar entre o gañador das eleccións e o candidato a elas que o final obtén a alcadía. IP no 2007 acadou o día das eleccións 205 votos. Sobra dicir que non gañou as eleccións…
Outra cousa distinta é o que ocorre logo. A lei electoral permite todo tipo de combinacións, entre elas a que permite que a candidatura menos votada obteña a alcaldía, por exemplo. A señora Maribel gañou as eleccións do revanchismo, dos intereses, do odio, do protagonismo que algún ou algúns se negaban a perder.
A partir de aquí, coincido contigo. Ela mandou, ela cobrou e moito, ela é a que quedará no cuadro do concello… ¿e?… ¿onde quedou a súa dignidade? Nesta vida, polo menos para min, non todo é o carto e non todo é figurar. Creo noutros valores…¿ en cales crees ti?
Non sempre está ás doce da noite no concello. Outras veces, o señor Sabariz está no concello á 1, ou ás 2… ou incluso onte eran as 3 da madrugada e por alí andaba. Raro é que saibas dos (bos) costumes de uns e non saibas dos (malos) vicios doutros, sobre todo neste noso gran pequeno pobo.
Ah, realmente crees que o pobo quere un goberno de dereitas?
Eu, persoalmente creo que vives fora da realidade do concello. Sabes que non é así. O resultado do BNG descolocou(vos) a moita xente. Repito, ninguén o esperaba. Pero se o BNG subeu en Pontecesures, e grazas a campaña de acoso e derribo feita polo sr. Sabariz contra o sr. Angueira durante 4 anos. Grazas a Sabariz, o pobo non se esquenceu do señor Angueira e do fraude do 16 de xuño do 2007.
Góstame de ser educado e de tratar a xente que non coñezo de vostede. Así me educaron. A partir de agora debatirei contigo e non con vostede.
E o polemizar e bo, sempre iso si que se debata con respeto e con educación.
celtaxxi · 23-05-2011 a las 23:52
Dicide o que queirades. Angueira non vai ser alcalde, como non o serán: Corina Porro, nin Telmo Martín, nin Jaime Castiñeira…
porco bravo · 24-05-2011 a las 00:05
Coincido plenamente coa interpretación dos resultados electorais que fai «outro».
«Estudiante»:
– Todos sabemos que a única forza política que aumentou o número de votos foi IP, o partido da actual alcaldesa. Sin embargo, na túa análise refíreste a ela coma compoñente dun tripartito perdedor (a isto sí que se lle chama interpretación forzada e subxectiva).
– Os 90 votos que lle augurabas ía sacar Sabariz como moito, penso que os superou dabondo.
– «A xente sabe que os seus votos (os de Sabariz) volverán a ser para Maribel e polo tanto xa llos darán a Maribel directamente» (estudiante).
«O transfuja vai a apoiar a Maribel que nadie a quere» (manolo o do bombo).
ACP + IP = 534 votos
BNG= 563 votos
Agora reflexionade un pouco.
Tachenko · 24-05-2011 a las 19:54
Parece que a alguén non lle funcionou moito comentar ata a saciedade e publicitarse en exceso neste espazo, e xa pensa en utilizar non so un alcume alternativo, senon dous. Personalidade tripolar, parese.
maruxa a curuxa · 24-05-2011 a las 20:22
personalidade tripolar?jaja moi bo
elisa · 24-05-2011 a las 22:30
hai un run run por el pueblo que este año vamos a tener pp,ip,acp y terras galegas a gobernar……que fuerte me parece .ES UNA VERQUENZA
outro · 24-05-2011 a las 22:31
«Caminante», púxenme a escribir e xa tiña un texto moi longo. ? improcedente, hai que abreviar.
Falas das eleccións do interese, revanchismo, odio… efectivamente… vota un ollo atrás e dime qué pasou en outras eleccións. Máis do mesmo.
Coincidimos en moitas cousas pero non en outras, non pasa nada. Pura libertade de expresión. Pola miña parte deixámolo así.
Caminante · 24-05-2011 a las 23:58
«Outro», non voltemos ao pasado… Ti tes a túa opinión sobre o 2007 e eu teño a miña. Insisto novamente en que non todo nesta vida son os cartos e o poder, polo menos para min.
Miremos dunha vez para adiante, dunha maldita vez, ¡¡¡todos!!!
Miremos por Pontecesures, por as xentes de Pontecesures… pois creo que son os grandes olvidados dos nosos «grandes» políticos.
Iso si, creo que coincidimos en poucas cousas. Pero coincidimos no respeto, o cal é o importante.
Ah, e as entradas unhas veces son curtas e outras son longas. Non pasa nada.
charly · 25-05-2011 a las 09:30
Pois estou de acordo con caminante no seu analise dos resultados
e plenamente co comentario que esta por encima de este
o unico concello que tera cartos da xunta e de madrid pronto.sera o de valga por motivos que xa imaxinades.(xa sabedes que no hay un peso)
Pontecesures catro anos mais perdidos entre intereses.intereses=saldo=
o pobo votou asi e o que hay respectalos
saludos
maruxa a curuxa · 25-05-2011 a las 09:37
Eu non escoitei o run run ese Elisa, pero vamos sería bastante lamentable, todo hai que dicilo, pero bueno se así o señor Angueira desaparece 4 anos máis do pueblo….por min ben