Cunqueiro e o Pedrón.
Hai xa uns poucos anos, aló polo 1980, estaba eu de visita na Casa Museo de Rosalía e coincidía que ese mesmo día lle iban dar o Pedrón de Ouro a Álvaro Cunqueiro. Aproveitando a situación merquei un libro seu e asinoumo.
Quere agoa o destino que no mesmo tempo en que se entrega o Pedrón de Ouro, por certo moi merecido na persona de Lidia Senra, os cociñeiros se poñan tamén dacordo para renderlle unha homenaxe a un Cunqueiro que ben se laiará de non poder estar entre nós para comprobar o nivel da nosa cociña.
Neste caso hai que aplaudir unha iniciativa que xunta un dos maiores placeres, o de comer, co máis alto nivel da cultura. Ben é certo que a cultura dun pobo se traduce moitas veces na súa gastronomía.
Será todo un pracer comprobar como o Chef Rivera desde Padrón, Roberto desde Vedra ou Miguel González Aguiar desde Teo, ós que se suman os restaurantes padroneses A Casa dos Martínez e o Asador O Pazo levan á mesa aqueles pratos e aquelas receitas que Cunqueiro sabía transmitir como ninguén e disfrutar con un interese que despois nos seus libros sabía contaxiar.
A mágoa é que Cunqueiro, que agora cumpliría cen anos, non viveses nestes tempos de Facebook, Twitter ou blogs gastronómicos porque se seguro que tería escrito moitísimo máis do que o fixo sobre a nosa cociña para ledicia de todos e para enriquecemento da nosa cultura.
Por Víctor Furelos
TIERRAS DE SANTIAGO, 31/05/11
0 comentarios