HOXE XOVES PRESENTACI?N DAS FESTAS DO CARME E DO CHURRO DE PONTECESURES,NO PROGRAMA “PALCO DE ESTRELAS” DE RADIO VALGA

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. o

Hoxe xoves, coma é habitual, a partires das 19h., haberá o programa máis festeiro de Galicia, “Palco de Estrelas” en Radio Valga 107.4 FM, dirixido e presentado por Daniel Seijas. Sonará a mellor musica das nosas orquestras, con novas grabacións en exclusiva, artistas e formacións de iberoamérica,asi coma a melodias interpretadas polas bandas de música populares da nosa terra. Non faltarán os concursos, a axenda festeiras, chamadas en directo…e sobre as 22.30h., estarán nos estudios centrais de Radio Valga, os concelleiros Dona Cecilia Tarela e Don Roque Araujo, para presentar e falar das actividades lúdicas, que serán entre o 1 e o 4 de xullo, relacionadas coas festas do Carme e a IV festa do churro de Pontecesures. O programa acabará sobre as 4 ou 5 da madrugada.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.