Resposta sobre acusacións de impago de facturas das festas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Nestes días o goberno local de Pontecesures está a manifestar que estivo a ter dificultades na organización das Festas do Carme 2010 por débedas do anterior equipo de goberno relacionadas coas festas do Carme 2010. ? certo que quedaron sen pagar as facturas das orquestas do ano anterior, pero tamén, é certo o seguinte:

1. No mes de setembro de 2010 , unha vez presentadas as facturas, foille solicitada ao representante da empresa dos grupos un desglose das dúas facturas (ademais das orquestras queríase concretar a custo do dúo musical do luns do Carme, xeradores eléctricos, etc…, dentro do custo global). O representante foi chamado en numerosas ocasións dende a Intervención do concello e a aclaración non foi realizadaa ata cando remataba o ano 2010 nas propias oficinas municipais.

2. Como as consignación orzamentarias da partida estaban esgotadas a remate de exercicio, as facturas quedaron pendentes de recoñecer, xunto con outras doutros fins, no presente exercicio de 2011, algo moi habitual en moitos concellos.

3. Como por varias razóns a liquidación do exercicio 2010 non se fixo ata o 14 de xunio (incluso xa foi asinada polo novo alcalde), quedou pendente de aprobar o expediente de recoñecemento de créditos para cubrir estas e outras facturas.

4. Agora ben; o resultado da liquidación arroxou un remanente de tesourería positivo récord neste concello. Para gastos xerais queda un remanente de 329.088,78 euros cando as facturas pendentes do exercicio anterior a recoñecer non chegan nin a 66.000 euros.

5. Non foi entón un problema de falla de fondos en tesourería para afrontar as facturas, senón un asunto contable. Agás estas facturas do recoñecemento que debe realizarse en breve, o Concello de Pontecesures, ten pagadas todas as facturas de 2010 e iso que tivo que afrontar o importante custo dun obradoiro de emprego con todo o que conleva en canto a gastos de materiais e de obras.

Polo exposto cremos que o goberno local debe deixarse de lamentacións e tramitar o expediente para o pago ds facturas. Deixouse un importante remanente é así o concello ten unha situación económica moi aceptable nestes intres de crise e de grandes problemas das administracións para afrontar os seus pagos.

Hai que dicir tamén que se nos anunciou, cando se asinou o pacto de goberno, que só habería exclusivas se a situación económica o permitía. Debéronna atopar moi boa, pois temos tres liberados (os tres tenentes) cobrando por primeira vez na historial de Pontecesures e se van gastar case 30.000 euros máis en comparación co goberno anterior.

Pontecesures, 30/06/11

Maribel Castro Barreiro
Luis Ángel Sabariz Rolán


12 comentarios

manolo o do bombo · 1-07-2011 a las 11:42

Cando eran os plenos e se preguntaba ,todo estaba ben¿porque no aclaraches no seu dia? e riome dos sueldos ,si estuveras gobernando vos canto iba costar non fagamos demagojia,seamos serios ,maribel cartos ,o juapo delas gruas ,tg ,e ti non ibas de soldado raso,pois ibas ter un cargo,moito resentimiento,moita cara dura…

entreomillo · 1-07-2011 a las 13:08

Unha das cousas que mais admiro do anterior gorberno foi o afán de aforrar durante toda a sua candidatura e de sanear as contas, pareceme lamentable que por un erro teñamos mais que decir, tempo o tempo e xa se verá si a nova alcaldía non cae nun erro semellante.

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-07-2011 a las 13:43

Está o tema explicado, «manolo o do bombo». ? curioso; o normal e que a xente demande explicacións, que desexe coñecer os temas. Porén, hai outras que é como se quixeran que non se respostarán este tipo de cuestións para largar por aí o que sexa.

manolo o do bombo · 1-07-2011 a las 16:47

EU sigo preguntando,¡canto seria a voso sueldo si gobernarades?

Tatexo · 2-07-2011 a las 10:39

E CAL sería o teu manolito?

manolo o do bombo · 3-07-2011 a las 01:11

Eu xa non traballo tatexo,pero vouche a decir o que iban cobrar a maribel cartos o juapo das gruas ,tg ,mais o soldado raso,1,600 cada un ,e non e unha bola es la purita verdad ¿que che parece?

ife · 3-07-2011 a las 09:42

Manoliño e tu como sabes iso acaso tes unha bola máxica na casa ou te dedicas a investigación persoal?. Será porque non traballas e tes demasiado tempo libre.

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-07-2011 a las 10:42

Home, «manolo o do bombo», facer hipóteses e prognósticos sen base algunha é doado. Agora ben; dicir que eu ía cobrar 1.600 euros no concello é unha barbaridade. ? un invento que non sei a que ven.
Nin cobreu un euro de retribución en 12 anos, nin ía cobrar nada agora. Por aí non vas ben.

papagos · 3-07-2011 a las 11:35

Sr Sabaríz a demagóxico non hai quen lle gane. Non vai decir o que ían cobrar nun hipotético acordo, porque a cantidade sería moi superior. En calquera caso vostede estaría disposto a empeñar o concello con tal de que Angueira non fose alcalde. No 2005 aprobou duas dedicacións de 61.000 euros (alcalde e Maribel), só 11.000 euros menos que nó 2011, explique porque. Oficialmente non cobrou nada agás comisións e plenos, pero é certo que tiña outras prebendas p.e. a chave dó concello para utilizar internet cando quixera, un teléfono gratis cunha factura desmesurada…etc.

manolo o do bombo · 3-07-2011 a las 12:27

Mira ife non creo nas bolas magicas ,nin no dixome,dixome, se o que se negociou e punto,e para o soldado raso estiviches catro anos erre que erre co gasoil ,ahora como estas doido por non decir outra cousa mais forte queres engañar o personal cas exclusivas,pero mira por donde a xente non e parva e xa te conocen,ti mismo te sigues fundindo,sigue asi que vas ben…

Tatexo · 3-07-2011 a las 16:47

O señor Sabariz, porque él si que é un señor, pasou moitos anos no concello traballando sen interese polos cartos.

Tachenko · 3-07-2011 a las 20:10

Sr. Sabariz:
Costame creer que un tipo representante de orquestras, ou espectaculos, cos tempos que corren, lle de igual cobrar antes ou despois, por que lle pidan desglosar unha factura. Se vostedes xa tiñan un teusoreiro que, según entendo, sigue agora, (¿ou ten cargo vitalicio?), era e é un inepto, a pesar do apoio que tiña do persoal administrativo do concello, ¿de quen e a culpa?, ¿dos que entran?, ¿ou dos que estávades?.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.