A ACP dirixe unha crítica «construtiva» ao tripartito por devaluar a Festa do Churro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP), a través do seu concelleiro, Luis Ángel Sabariz Rolán, expuxo onte unha ampla reflexión pública que, con carácter construtivo en palabras do propio Sabariz, invita ao goberno tripartito cesureño a variar o enfoque que este lle deu á Festa do Churro coa que o pasado luns se pechaban as Festas do Carme na localidade do Baixo Ulla. Un enfoque que en opinión da agrupación independente tería devaluado unha celebración que dota a Pontecesures dun elemento diferencial á hora de atraer visitantes.
Sabariz lembra que a Festa do Churro é unha creación do anterior tripartito, do que el formaba parte, ideada «co fin de enxalzar un doce artesanal de gran tradición na nosa vila e de recoñecer o traballo das numerosas familias que se adicaron e se adican á elaboración e distribución deste produto».
A fin de dotar a celebración de vida, «ideamos unha festa simpática e entrañable onde participaban os cesureños de todas as idades, cun animado baile na Prazuela que comezaba xa na desgutación e remataba coas churreiras, verdadeiras protagonistas da festa, no palco e na praza bailando. Era realmente un evento participativo ao que asistía moitísima xente».
Fronte a este modelo, a ACP lamenta que «esta edición do 2011 foi completamente distinta e a festa transformouse nunha simple degustación gratuíta de churros. Así, en lugar de potenciarse, a festa sufríu un debilitamento moi criticado que fai pensar que ao goberno local pouco lle interesa este evento».
Á hora de argumentar a súa opinión, Luis Ángel Sabariz sinala que «o cartel anunciador non foi publicado ata o martes 28 de xuño, e non houbo apenas difusión da Festa nos medios de comunicación como si se fixera nas edicións anteriores».

Para casa antes de tempo
Ademais, «o horario de reparto dos churros adiantouse ás 20 horas e, o que é peor, pechouse ás 22, con bastantes persoas aínda sen chegar á Prazuela». E sen actuación musical «pese a estar un palco instalado», deixando os asistentes sen o habitual baile e forzando un precoz e desanxelado final da festa.
Ante todo isto, «a ACP considera que a Festa do Churro debe ter prioridade absoluta porque é exclusiva de Pontecesures». De aí que lle pida ao goberno local «con toda a intención construtiva, que para a seguinte edición se teña en conta o sucedido e se potencie un evento que ía disparado na súa popularidade e aceptación».

LA VOZ DE GALICIA, 07/07/11


4 comentarios

miguel14 · 10-07-2011 ás 21:07

El primer año fueron pocas las churrerias que quisieron participar en la fiesta del churro porque se hizo GRATIS,
me parece lamentable que el anterior y actual gobierno dejasen entrar a
nuevas churrerias que solo lo hacen por ” el interes meramente economico”
siendo gratis muchos no quisieron hacerla, cobrando cada año aparecen mas churrerias………….

pedro da cachopa · 11-07-2011 ás 16:41

Y dijo yo. Señor Mijel 14, se dise por ahí el dicho que “Amijo si,pero a vaquiña polo vale”. Pero es verdad,la churreras janan muchos cartos con el Untamiento por faser esta festa,janan máis que indo a vender a pascoa,y solo nunhas horas.Pero tambien es verdad que as churreras teñen que pajarlle al señor muiñeiro por molerlle a fariña para los churriños y teñen plantar o trijo en sus leiras con el sudor de su frente.No se cuanto janaron los Churreiros este ano,pero o pasado dijeron que pajaron a cada productor uns 400.000 reás, lo que dijo yo que ese dinero fanse os mesmos churriños quentiños que os mismos que fan as 10 productoras.Bueno fan ben cobrar que os muiñeiros cobran muchito e se aprovechan da xente porque ajora casi non hai muiños,e o de Infesta como ajora non funsiona hai que ir a lujares lejanos e pelijrosos con el burro carjado de trijo para moelo en molinos e con riesjo de que te atraquen os bandoleros do monte e lle leven os sacos de fariña trija.

o chiquitas · 11-07-2011 ás 22:16

Y como cobran,la harina parece de oro,xa hicieron el año….

melenas · 12-07-2011 ás 18:54

Ten razon MIGUEL 14, como agora paga o concello queren montar todo o mundo. Sigo dicindo que agora nadie se acorda do primeiro ano, das 5 churrerias que montaron gratis. E algun fala e seguramente e dos que levan bolsas de asas cheas de churros pa casa. Estas churrerias podrian traballar ese dia en calquera festa. E por promocionar o noso pobo e os nosos churreiros, perden de salir a currar. Por eso non van montar gratis toda a vida.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.