Nota íntegra da ACP sobre a representación de monicreques de Carreiras.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ás 21 horas, do día 29 de xullo houbo no lugar no lugar de Carreiras a actuación de ??Titeres Cascanueces? cunha representación con monicreques da obra ??O ferreiro e o diaño?. Foi unha actividade subvencionadas ao 60% pola Consellería de Cultura e Turismo, dentro do programa ??Galescena? e xestionada polo goberno local anterior xunto con outros dous actos culturais neste verán de 2011.

Pois ben; resulta lamentable a escasa difusión do acto que realizou o goberno local actual de Pontecesures. Nin unha nota de prensa, nin un anuncio noutros medios, nin un cartel nos establecementos (en especial é grave que non se levaran ao lugar de Carreiras), nin un cartel na Casa do Concello…..Tan só se colocou un cartel xenérico das tres actuacións hai tempo nalgúns taboleiros municipais, pero non un anuncio específico do acto de onte.

Deste xeito a maioría da poboación nin se enterou desta representación. Incluso os veciños máis próximos á zona onde se desenvolveu o evento reaccionaron con sorpresa cando onte, pasada a media tarde, comezaba o grupo artístico a preparar na rúa os elementos da actuación.

Dende logo é unha mágoa, que pasen estas cousas cando se fai un esforzo económico co fin de que teñamos actos culturais. ? preocupante a actitude do goberno local nestes temas. Xa a difusión da Festa do Churro do día 4 de xullo foi practicamente nula nesta edición, xa o cartel das Festas do Carmen 2011 celebradas os 1, 2, 3 e 4 de xulio no foi colocado nas rúas ata o 28 de xuño, para que ocorra esta circunstancia na representación de monicreques de Carreiras. Con tres membros do goberno local cobrando con dedicación exclusiva non se entende esta desidia.

Categorías: Concello

27 comentarios

ife · 31-07-2011 a las 15:27

Es verano y la gente va a la playa. Tu no?. Eso es aldea no tiene importancia los concejales con sus sueldos estan en otro nivel. Moreneandose andan se preocupan por el bronceador, su cabeza ya está ocupada, no dá para más.

manolo o do bombo · 31-07-2011 a las 16:59

Mira sabariz a xente cando quere enterase de todo ,os rapaces vanse para as playas e non lle interesan os titeres ,recomendoche que fagas ti ó mesmo ,refrescate ,toma o aire e unha vez mais deixa de emporcallar,non tes argumentos e non sabes que facer solo o ridiculo,disfruta do dia……

outro · 31-07-2011 a las 20:24

¡Vaia! Xa temos canción do verán para os catro anos vindeiros. Cada vez que Sabariz faga calquer tipo de comentario/denuncia/información/apelación/moción? estará emporcallando. Non está mal como técnica. Logo será mellor calar sempre, total «A xente cando quere enterase de todo». Con esa base, xa podemos facer o que nos pete, otra vez secretismo, oscurantismo… ¿qué mais da? Á xente non lle importa… ¿monicreques? veña, home, que os nenos van á praia (aínda que chova)… e cando chegue o inverno tampouco imos dicir nada do que se fai, porque vai frío e a xente queda na casa ó quente.. la la la
Canción do inverno: Alaska: ¿A quien le importa?
Empezo a pensar que realmente estes do Bloque tómannos por parvos.

Cara de cona · 31-07-2011 a las 22:59

Xa esta o Saba collendo carrerilla na oposicion……ben sempre chuzando……. o goberno pasando de Carreiras….non hai dereito…os vagonetas que cobran…para que tantas exclusivas?……e din que anda presentando o Saba escritos no concello de cousas das festas……..hui…hui…hui…seguro que hai algo raro raro….xa veredes

ife · 1-08-2011 a las 00:10

Mentras a lebre dormita a tortuga segue andando, dormita molulo dormita, xa veras non te coides e veras. coidadiño o saba segue andando.

Caminante · 1-08-2011 a las 09:34

Por partes:
a) Cando o señor Sabariz ten razón, hai e teño que recoñecerllo públicamente. Eu dende logo nin sabía nin coñecía que se ía a celebrar en Carreiras unha obra de monicreques, pois non vin ningún cartel anunciado tal evento, e se os había, supoño que serían poucos, pois pasáronme, polo menos a min, totalmente desapercibidos.
b) O que si me extraña, e ollo que non vou responsabilizar ao señor Sabariz de nada, pois o único responsable, neste tema, é o goberno e máis habendo como hai unha concelleira de cultura que cobra por elo, que neste medio non se «colgara» un nova anunciando a celebración en Carreiras dun obra de monicrequres, sobre todo cando neste medio se nos «informa» de bandos caninos, de circulares sobre prohibicións de fumar aos traballadores do concello, de alcaldes accidentales, etc… O único que lle teño que preguntar ao señor Sabariz, é porqué non lle «interesou» «colgala» nova neste medio para informarnos de tal evento. E queda claro, que o que o ten que anunciar e publicitar é a concellería de cultura, pero non me negaredes que é extraño, moi extraño… ou preparado e preconcebido.

«Outro», moita xente enterouse da obra porqué pasaba por alí… Co teu permiso, vou recomendar para o karaoke do señor Sabariz unha canción de Aute, «pasaba por aquí», adicada neste caso, ao goberno ao completo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-08-2011 a las 14:16

Aínda que sabía que había un acto cultural no verán en Carreiras dende hai varios meses, non me lembraba da data concreta. Deste xeito, tampouco me enterei de que era o venres pasado. De decatarme, claro que o houbera subido a este medio. Polo que dis «Caminante», a obriga de informar máis que do goberno local vai ser de Sabariz. Incrible.

papagos · 1-08-2011 a las 14:34

Eu recomendaríalle o Sr Sabaríz prudencia, non vaia ser que con tanta carrerilla acabe estrelándose, dende logo debe aburrirse moitísimo. Si que houbo carteis nos taboleiros de anuncios do concello, publicitando os monicreques xunto con dous eventos mais para este verán. Tamén me sorprende «Caminante», a falta de interés do Sr Sabaríz por publicar a nova neste medio, tendo en conta que estas actividades, segondo o Diario de Arousa, foron xestionadas polo anterior tripartito. Parece coma se buscara un renuncio, aínda que sería un pouco infantil ¿non cres?.

    Caminante · 1-08-2011 a las 16:08

    Hummmm, aquí comezan a aparecer cousas que descoñecía… é o que estar «perdido» todo o mes de xullo.
    Interesante comentario «papagos». Agardo e agardamos novas aclaratorias en forma de explicacións.

Caminante · 1-08-2011 a las 14:41

Incrible paréceme a min a súa escasa comprensión da lectura. Digo alto e claro no meu comentario, que a desinformación da xente sobre a obra é responsabilidade única do goberno ou da concellería de cultura.
O único que fago, é mostrar a miña extrañeza de que vostede non colgase a nova da obra de Carreiras, acostumados, e públicamente agradézollo, como nos ten a colgar todo tipo de novas, como por exemplo si fixo o 16 de xullo do pasado ano anunciando unha obra de títeres no mesmo lugar, Carreiras. Vostede explicou o seu motivo e eu terei que creelo… ou non.

outro · 1-08-2011 a las 16:36

Papagos e Caminante: ás veces semella que rematamos onte a Primaria… Sorprendentes… Extrañeza… é absolutamente lexítimo e xa estamos acostumados, que os políticos tenten sempre rendabilizar tanto os méritos propios coma os erros alleos ¿de qué nos extrañamos e sorprendemos? ? o de sempre e nada máis. Pero home, se non hai mais que ver como rendabilizou o BNG o arranxo do regato da Chancela. E qué imos dicir do pobriño de Vidal Seage, que sen saber de qué iba a cousa seica falou do que non debía e xa ten unha demanda. Todo iso vivímolo diariamente. Pero se do que se trata nesta páxina e de seguir ca teima de Sabariz…
En fin, cansoume a canción do verán… vírome ó cine:
Película para esta lexislatura: Don erre que erre (Paco Martínez Soria)
Caminante: tes absolutamente todo o dereito de crer ou non crer a Sabariz (a verdade é que ás veces resulta incrible). Pero se non lle vas creer ¿para qué lle fas a pregunta?

    Caminante · 1-08-2011 a las 17:08

    Creo, «outro», que se lees con atención o meu primeiro comentario verás que o único que fago é mostrar a miña extrañeza, a miña sorpresa, si, por non haber publicado o señor Sabariz, a nova sobre a obra de títeres de Carreiras neste medio, argumentando este (meu) asombro. Nada máis.
    Logo o señor Sabariz, da a súa explicación, que eu, faltaría máis, podo creer ou non creer, e así o escribo e manifesto.
    Eu si creo no karaoke de señor Sabariz e seguirei engadindo cancións á esta particular biblioteca musical. Pero se queres unha película para esta lexislatura recoméndoche esta: «el (único) currante» de Mariano Ozores y con Andres Pajares.

Blanco · 1-08-2011 a las 16:41

Hay una responsabilidad grave del gobierno local, no puede ser que cobren Souto, Roque y Cecilia Tarela, y que pasen de esto del teatro, pero que hacen estos para cobrar?, a cuantas personas reciben en la mañana? como se puede quedar tan mal con los de Carreiras?, y ojo que ya se comentan en el pueblo asuntos turbios de las fiestas

outro · 1-08-2011 a las 17:38

Creo, ??Caminante?, que se les con atención o meu primeiro comentario verás que o único que fago é referirme «estrictu sensu» ás túas palabras (e ás de Papagos). E mostro eu a miña extrañeza porque alguén que xa deixou a Primaria fai moitos anos non entenda que os políticos SEMPRE tentan rendabilizar os erros alleos (fíxoo Aznar ca corrupción, fíxoo ZP con 11-M, faino Rajoy ca crise… fanno todos. Sabariz di que non se lembrou. Vale, podes crelo ou non, a min dame exactamente o mesmo. O que está fora de toda dúbida é que houbo outros que tampouco se lembraron, só que eses outros perciben un salario de 1300 euros ó mes por cinco horas diarias de traballo.
O dito, don erre que erre, a seguir falando de Sabariz.
¿O currante?. Non, meu querido Caminante, OS CURRANTES . Anota outra película:
– Le llamaban Trinidad (Tres eran tres y ninguno… se acordó de Carreiras)

    Caminante · 1-08-2011 a las 22:22

    Creo «outro», sinceiramente que te estás enredando.
    Non lle des máis voltas. Deixei claro por activa e por pasiva quen é o culpable para min da desinformación que a xente tivo con relación aos monicreques do venres. Do señor Sabariz, iso, soamente mostrei extrañeza por non publicar o evento neste medio, acostumado como nos ten a informarnos de todo, antes no goberno e agora na oposición. El logo da unha explicación, que repito, eu estou no me dereito de creelo ou non. Por unha vez que lle dou a razón…
    E non estou dacordo co que ti denominas «erre que erre», pois é él o que a mais mínima observación que se lle fai, pensa que o estamos atacando ou culpando de tódolos males da humanidade.

    Primaria? Non, eu fun da EXB. Igual o problema é ese.

    Está ben iso de «me llamaban Trinidad» para esta lexislatura. A lexislatura anterior, falando como falas de Trinidad, poderiamos titulala «La Santísima Trinidad», que opinas?

outro · 1-08-2011 a las 17:43

Aclaración:
Cando dixen «…Vale, podes crelo ou non, a min dame exactamente o mesmo» non é un desprezo á túa opinión. Refírome a que dame o mesmo que sexa certo iso que di Sabariz de que non se lembrou. Estamos a falar da actividade dun cidadán no seu tempo libre, por min pode escribir aquí o que lle pete. Outra cousa era cando o facía sendo membro do goberno municipal. Que agora poña ou non as novas, en todo caso é cousa de agradecerlle, pero non lle vou recriminar que se esquenza voluntariamente de algo cando lle conveña.

papagos · 2-08-2011 a las 12:10

Falamos do Sr Sabariz porque é o que escribe a nota desta entrada, e non estamos falando da actividade dun ciudadán, senón dun político na oposición que manda notas á prensa día si e día tamén, (hoxe volve publicar), paréceme irracional que este señor leve á prensa «todo». Penso que prexudica á imaxe do pobo e devalúa o papel da oposición. Por certo «outro», dánseche moi mal as comparacións.

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-08-2011 a las 15:01

? curioso, «papagos». Agora resulta que os que prexudicaron a imaxe da vila non foron os que gobernan, senón eu, por dar a coñecer os problemas organizativos. O mundo ao revés.

outro · 2-08-2011 a las 17:04

Tes toda a razón, Papagos, dánseme moi mal as comparación, a análise, a observación… todo o contrario que a ti, e está claro que ti es o modelo a imitar.
Papagos, xa empeza a fartar tanta verborrea incontida. Dende o 11 de xuño, cando Sabariz fai aquí unha entrada, e non o fai dende o PC do Concello (que xa ides bos de dar a vara coa teima), se agora o fai na súa casa, ou na miña casa, ou nun cyber, ou donde lle pete, ? UN CIDADAN PARTICULAR. Non emprega nin medios, nin tempo, nin salarios públicos. E non me veñas con lerias ¿Ou é que Sabariz non ten o mesmo dereito que temos ti e mais eu de sentarse na casa ó PC e dalle ó teclado todo o día?
Non… home… non…. xa entendo… nós podemos, el non… el só emporcalla.
Anda, Papagos, que empezades a fartar.

papagos · 2-08-2011 a las 18:06

Sr Sabaríz, ¿realmente cre, que unhas presuntas deficiencias divulgativas e organizativas dunha representación de monicreques, teñen interese fora do concello?. O seu afán de protagonismo lévao a unha situación absurda, pero o peor é que prexudica a imaxe do pobo. Vostede mesmo.
Está moi claro «outro» que non entendes os meus comentarios, non che gustan e dís que empezan a fartarche. Telo moi fácil, non os leas.

Tiroliro II · 2-08-2011 a las 19:41

segun alguns que pululan por aqui a oposicion debe ser estar calada porque si descubren as cagadas o pobo queda mal, entonces os da oposicion que vaian por ai durmir xa que sobran, que teorias teñen alguns, pois non eu rebelome, a oposicion ten que mirar, investigar, perseguir todo, si señor, xa me contaron cousas que van dar que falar, pois adiante para eso os queremos que o de Carreiras non ten nome, deter un tractor unha obra de teatro por culpa dos que gobernan, eso non pasou en Cesures na puta vida

    Caminante · 3-08-2011 a las 00:03

    Efectivamente «tiroliro II», a oposición está para mirar, investigar, perseguer todo… totalmente dacordo. Pero dito isto, é unha magoa que non opinaras o mesmo na lexislatura anterior cando o BNG era a oposición e eran os que tiñan que mirar, investigar, perseguer todo… Entón, estas accións ou actuacións ti as descalificabas, menosprezabas e minusvalorabas, así que, por favor, menos revolucións e mais seriedade.

outro · 2-08-2011 a las 20:06

Xa era o que faltaba, que Papagos me diga o que teño o non teño que ler. Evidentemente que lerei o que me pete, e respostareiche o que me pete mentras Antonio mo permita.
Nunha cousa si que tes razón: non me gusta en absoluto nada do que dis. Demostracións de prepotencia coma un comentario teu anterior «Por certo ??outro?, dánseche moi mal as comparacións» ¿Pero qué saberás ti o que se me da ben ou mal?… pois iso.. lerei e repostarei. Aínda que empeces a fartarme.
E mentras, seguimos con Sabariz… Sabariz… Sabariz… erre que erre. Que cale a boca, que deixe de empocallar, que dana a imaxen do pobo… O curioso é que o triángulo das Bermudas (perdón… das adicacións exclusivas) pasa un acto por alto e diso non se pode falar ¿Estámonos virándonos tolos de remate, Papagos?. Sabariz… Sabariz… Sabariz…

    Caminante · 3-08-2011 a las 11:03

    Volto a disentir contigo, «outro».
    O señor Sabariz é libre de publicar todo aquelo que considere oportuno, tanto para facilitar información como para facer «desgaste» ao goberno, é a súa labor como ?NICA oposición que é. Ata aquí estaremos dacordo, non?
    Agora ben, «outro», el publica, el da a súa opinión, el firma as notas e polo tanto queda exposto a comentarios de xente coma min, que desinte en infinidade de ocasións dos seus argumentos.
    Senón estou dacordo cunha nova do señor Sabariz e lle teño que preguntar, debater e rebater algunha cuestión… segundo ti, a quen me dirixo?

outro · 3-08-2011 a las 17:58

Pois vou a coincidir totalmente contigo, Caminante. Disentir de todo o que diga Sabariz pode ser razoable ata o límite.
Si lle tes que preguntar algo do que el cita… elemental, pregúntalle a el.
Unha vez exposta esa postura, hai matizacións. Disentir de Sabariz pode ser moi, pero que moi saudable. O que xa non comparto é que todas as disensións sean con Sabariz. Non imos entrar agora se en Carreiras empezaron á hora anunciada, ou se estivo Tarela no acto, ou se axudou en algo ou pasaba por alí. Todo iso é puntual e circunstancial. O que me fai dar saltos de cabreo é que semelle que todos os problemas do concello sexan Sabariz. Antes porque estaba no PC do Concello ás 12 da noite, agora porque empocalla. Simplemente non me parece xusto, e sempre que algo me parece inxusto protesto.
O que che dicía é que se non lle vas crer, mellor será non preguntarlle. O contrario é entrar nunha dinámica de «eu pregunto-ti contestas-eu non te creo-ti explicas por qué teño que crerte-eu volvo a dicir que non te creo-…» etc etc etc.
Referinme específicamente a «preguntar». Ti ademias falas de debater e rebater. Non sei. Para empezar, probablemente non sexa este o foro adecuado para todo iso. Penso que se Sabariz di algo inadecuado, inexacto, falso ou simplemente inventado, xa ten o goberno (Trinidades e Triángulos incluidos) medios sobrados para contrarrestalo (que lle pregunten a Vidal Seage). Polo demais, xa temos comprobado hasta fartar que aquí nunca chegamos a acordos de ningún tipo. Todos estamos «MAIS OU MENOS» posicionados, uns levemente, outros raiando o fundamentalismo, así que por moito que Sabariz predique o debate, penso que é predicar no deserto.
Vou rectificar un comentario meu anterior e aproveito para disentir con outro comentario teu anterior. Dixen que a película desta lexislatura ía ser «Le llamaban Trinidad», e ti me preguntaches se o goberno anterior sería «La Santísima Trinidad». Pois non (deixémonos de irreverencias).
Película da lexislatura anterior: Le llamaban Trinidad
Película da lexislatura actual: Le seguían llamando Trinidad.

    Caminante · 4-08-2011 a las 12:40

    Considero, «outro», que cando alguén ten unha dúbida, pida, pregunte por unha explicación. Unha vez que se da a correspondente aclaración, eu poderei creelo ou non. Pero senón pregunto previamente é imposible que despois teña unha resposta ou explicación do preguntado.

    Case que a diario, neste medio aparecen informacións, notas como » Matización da ACP…, Nota integra da ACP…, Sabariz insta al tripartito…, Sabariz acusa al gobierno…, La ACP reitera a educación… Estas, unhas poucas de moitas, non te creas, levan unha firma, é dicir un nome. Se estou en desacordo con algunha destas entradas, a quen me dirixo entón? a ti? a min? o señor Seage tal vez? a Ex quizais?…
    Se case todas as disensións, non todas, son con Sabariz, pode ser que sexa porqué case todas as entradas neste medio son firmadas por el. E non estou criticando que colgue moitas informacións, pois o contrario, é de agradecer. Pero se considero unha nova falsa, ou equivocada, ou que me resulte «extraña», terei que preguntarlle, debatirlla ou rebaterlla ao arriba firmante. Por iso son con el a meirande parte das disensións que aquí se dan, por iso é o epicentro das disensións.
    E si, estou nas antípodas con respecto ás ideas do señor Sabariz, pero quero deixar claro que nada, absolutamente nada persoal teño contra del.

    Dicías que antes era «le llamaban Trinidad», agora dis»le seguían llamando Trinidad… y le gusta que le sigan llamando Trinidad» engado eu.
    Saúdos, «outro».

ife · 5-08-2011 a las 01:05

Sr.Sabariz sientase ud muy orgulloso de si mismo pues esta gente sin ud se moriria de aburrimiento. animo y adelante.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.