Estimada señora Cajide.
Non lle vou contestar na mesma liña ás súas desconsideracións e desprezo cara a min, Antes de nada dicir que me estrañan as súas palabras, pois durante os oito anos que eu presidin a Mancomunidade Ulla-Umia, grazas a un pacto PP-PSOE, endexamais lle escoitei dicir que era un cacique, carente de valores e mesmo de non respectar aos demais. Eu son o mesmo. Non cambiei. Outros ou outras non poden dicir o mesmo.
Ten razón cando dí que a miña traxectoria pode ou non avalarme; pero como dicía un slogan dunha campaña electoral ??os feitos falan?. Durante estes anos puido comprobar vostede e os seus compañeiros de partido, a miña ou non capacidade de diálogo. Respecto á xestión, valórea vostede.
Pos suposto que eu tamén teño valorada a súa durante este amplo período. E que mellor exemplo para isto que eses anos da miña presidencia na Mancomunidade, período no que estivo contratada a través da ADR; e que non me negará foron dos mellores para estas institucións.
Señora Cajide, aplíquese o conto ??consejos vendo y para mi no tengo?, pois a estas alturas da miña vida non vai ser vostede a que dea leccións de democracia e de comportamento ético, nin mesmo políticas, que parece ser o seu cometido últimamente. Non se preocupe tanto de arranxar os problemas dos demais e mire máis polos seus.
Pero xa que o seu labor político ten tanto interese en Valga, debo de poñer no seu coñecemento que ningún membro desde o equipo de goberno lle faltou ao respecto a outro compañeiro de Corporación, e menos aínda poñer en dúbida a súa capacidade e preparación. Cousa que si fai vostede cando a pesar de grabar con precisión e claridade os estudos e carreira profesional dunha compañeira de partido non a considera capacitada para, no seu caso, defenderse tendo que acudir ou asumir vostede o rol de defensora. Iso si que é señora Cajide, ao meu entender, un desprezo e unha falta de respecto para quen é a respondable e número un do seu partido neste Concello. Salvo, claro está, que se escudara na defensa da súa compañeira para criticar ao alcalde de Valga. Tempo tivo a esgalla cando traballaron xuntos na Mancomunidade, pero si daquela non o fixo, algún motivo tería ¿Cal? ¿Dígollo eu?.
Xa para rematar, señora Cajide, que non lle quede dúbida de que seguiremos respectando ??a todos? os que traballen por este Concello con seriedade e determinación. Mire, os veciños de Valga levan elixindo durante 20 anos a este equipo de goberno para xesitionar o Concello e darlles, polo tanto, a mellor calidade de vida. Non para facer política.
Carta de José María Bello Maneiro (alcalde de Valga)
FARO DE VIGO, 11/08/11
0 comentarios