«Somos moi localistas, deberiamos intentar agrupar a maior parte de servizos».
Valga pode presumir de ter unhas contas bastante saneadas en comparación con outros concellos de ao redor. «Non quero dicir que eu sexa o mellor xestor que pode ter Valga, pero os concellos que non temos problemas de liquidez é porque axustamos os gastos e os ingresos», di o alcalde. Con todo, Valga non deixa de ter problemas. Os principais son o pago de máis de 644.700 euros ao Estado en concepto de devolución dos tributos e a débeda de case 800.000 euros que lle reclama o Concello ao Adif polas obras feitas para eliminar os pasos a nivel na vía do tren. Estas rémoras van minguar, e moito, a capacidade de gasto e investimento para o 2012. O que non vai haber, sostén José María Bello Maneiro, é subida de taxas ou impostos no 2012.
-¿Como van repercutir os recortes orzamentarios en Valga?
-No vindeiro ano vanse manter todo tipo de servizos. As previsións que estamos recompilando para iniciar a redacción dos vindeiros presupostos prevé o mantemento de todos eles.
-Pero dalgún sitio haberá que quitar.
-Haberá que ir eliminando algunha cousa, pero as básicas, como a educación e servizos sociais, vanse seguir mantendo porque entendemos que son prioritarias. Haberá que adaptarse ás circunstancias.
-Por de pronto, xa teñen paralizada a construción do edificio de usos administrativos por falta de cartos…
-Si, porque o edificio administrativo non é prioritario. Aínda que no Concello esteamos apretados, podemos traballar. Pero o resto das obras, sobre todo as de saneamento, vanse manter.
-¿Non cre que quizais se gastou moito en cemento nos últimos anos en detrimento de inversión produtiva?
-Houbo momentos como cando foi co Plan E que si se gastou en cemento, en obras que non eran prioritarias, pero había que gastar eses cartos porque senón os concellos os perdían.
-Fálase moito da necesidade de reformar o sistema de financiamento local, ¿que opina?
-Eu son partidario de que ten que haber un cambio. Os concellos teñen que ter outras aportacións. Na participación dos tributos do Estado hai que subir a porcentaxe. O que non ten sentido é dar servizos para os que os concellos non teñen competencias, como os servizos sociais. Nós, por exemplo, temos o centro de discapacitados desde hai anos, cando esta non é unha competencia do concello. Estamos dando servizos que son da Xunta ou do Estado. Outro exemplo é o da educación, onde asumimos os gastos de mantemento dos edificios, e conserxes…, sen ter competencias.
-¿Como ve a fusión de concellos?
-Iso é un tema bastante delicado. Somos moi localistas, e cada un de nós defendemos a capa e espada o noso territorio. Pero se as cousas están como están hai que ir reducindo persoal, e para reducir funcionarios sería necesario xuntar concellos, e especialmente aqueles de cen ou douscentos habitantes.
-Falando de fusións, a experiencia da Mancomunidade do Ulla non resultou moi ben…
-Eu teño experiencia de ter sido oitos anos presidente, e remítome a que somos moi localistas, e creo que non é positivo. Debemos intentar agrupar servizos, pero os alcaldes teñen que ter un compromiso serio de pagos e aportacións, non vale de nada mancomunar servizos se un non fai aportes, iso é o que provoca os problemas económicos.
«Haberá que eliminar gastos, pero en educación e servizos sociais vanse manter»
«Con plan E se gastou en cemento para obras que non eran prioritarias»
30/9/2011 – + Enviar Imprimir Volver Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , (0 votos) Envíando datos… Espere, por favor. Gracias. Valga pode presumir de ter unhas contas bastante saneadas en comparación con outros concellos de ao redor. «Non quero dicir que eu sexa o mellor xestor que pode ter Valga, pero os concellos que non temos problemas de liquidez é porque axustamos os gastos e os ingresos», di o alcalde. Con todo, Valga non deixa de ter problemas. Os principais son o pago de máis de 644.700 euros ao Estado en concepto de devolución dos tributos e a débeda de case 800.000 euros que lle reclama o Concello ao Adif polas obras feitas para eliminar os pasos a nivel na vía do tren. Estas rémoras van minguar, e moito, a capacidade de gasto e investimento para o 2012. O que non vai haber, sostén José María Bello Maneiro, é subida de taxas ou impostos no 2012.
-¿Como van repercutir os recortes orzamentarios en Valga?
-No vindeiro ano vanse manter todo tipo de servizos. As previsións que estamos recompilando para iniciar a redacción dos vindeiros presupostos prevé o mantemento de todos eles.
-Pero dalgún sitio haberá que quitar.
-Haberá que ir eliminando algunha cousa, pero as básicas, como a educación e servizos sociais, vanse seguir mantendo porque entendemos que son prioritarias. Haberá que adaptarse ás circunstancias.
-Por de pronto, xa teñen paralizada a construción do edificio de usos administrativos por falta de cartos…
-Si, porque o edificio administrativo non é prioritario. Aínda que no Concello esteamos apretados, podemos traballar. Pero o resto das obras, sobre todo as de saneamento, vanse manter.
-¿Non cre que quizais se gastou moito en cemento nos últimos anos en detrimento de inversión produtiva?
-Houbo momentos como cando foi co Plan E que si se gastou en cemento, en obras que non eran prioritarias, pero había que gastar eses cartos porque senón os concellos os perdían.
-Fálase moito da necesidade de reformar o sistema de financiamento local, ¿que opina?
-Eu son partidario de que ten que haber un cambio. Os concellos teñen que ter outras aportacións. Na participación dos tributos do Estado hai que subir a porcentaxe. O que non ten sentido é dar servizos para os que os concellos non teñen competencias, como os servizos sociais. Nós, por exemplo, temos o centro de discapacitados desde hai anos, cando esta non é unha competencia do concello. Estamos dando servizos que son da Xunta ou do Estado. Outro exemplo é o da educación, onde asumimos os gastos de mantemento dos edificios, e conserxes…, sen ter competencias.
-¿Como ve a fusión de concellos?
-Iso é un tema bastante delicado. Somos moi localistas, e cada un de nós defendemos a capa e espada o noso territorio. Pero se as cousas están como están hai que ir reducindo persoal, e para reducir funcionarios sería necesario xuntar concellos, e especialmente aqueles de cen ou douscentos habitantes.
-Falando de fusións, a experiencia da Mancomunidade do Ulla non resultou moi ben…
-Eu teño experiencia de ter sido oitos anos presidente, e remítome a que somos moi localistas, e creo que non é positivo. Debemos intentar agrupar servizos, pero os alcaldes teñen que ter un compromiso serio de pagos e aportacións, non vale de nada mancomunar servizos se un non fai aportes, iso é o que provoca os problemas económicos.
«Haberá que eliminar gastos, pero en educación e servizos sociais vanse manter»
«Con plan E se gastou en cemento para obras que non eran prioritarias».
LA VOZ DE GALICIA, 30/09/11
0 comentarios