Malla do trigo en Valga.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os manles volveron a bater onte sobre o a palla de trigo no patio do colexio Ferro Couselo, onde se celebrou unha nova edición da malla dentro dos Encontros Interxeracionais promovidos polo Concello. Os maiores deron aos rapaces toda unha lección de como antano se traballaba o campo, cando as máquinas eran aínda unha utopía.

Con traxes tradicionais

n Os escolares foron ao baúl das súas avoas en busca de prendas tradicionais para non desentonar durante a representación da malla.

Música de pandeireta

Non todo vai ser traballo e para bater ben, con gañas e ritmo fixeron falta os sons tradicionais da nosa terra: a música de pandeireta e o batir das cunchas xunto con algunha que outra copla.

DIARIO DE AROUSA, 30/09/11

Categorías: Cultura

2 comentarios

papagos · 30-09-2011 a las 10:02

Moi interesante o da malla do trigo en Valga. Pero estou seguro de que aos cesureños interésalle mais a noticia, que tamen se publica hoxe no Diario de Arousa: «El tripartito sopesa llevar ante la justicia las facturas impagadas del anterior gobierno». Parece que non ten interés en colgala Sr Sabaríz.

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-09-2011 a las 15:35

Non sexas desconfiado, «papagos». Sempre poño todas as novas e ti xa estabas impaciente. Non desacredites a malla de trigo, que hai tampo para ler todo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.